
No mes de maio, a programación continuará coa proxección de Cómo robar a un país, un documental dos surafricanos, gañadores ambos do premio Emmy, Rehad Desai e Mark J. Kaplan. O filme aborda a historia de como un grupo de xornalistas destapa un caso de corrupción no que está implicado Jacob Zuma, quen fora presidente da República de Suráfrica ata 2018, así como a campaña de desinformación desatada contra a redacción e a posterior investigación xudicial. Por último, o 21 de xuño poderá verse High Maintenance, un documental de Barak Heymann centrado na figura do artista israelí Dani Karavan, creador de máis dun cento de instalacións ambientais por todo o mundo, e no conflito político e artístico no que se ve envolto.
Dada as restricións ás que obriga a situación sanitaria, as proxeccións contan actualmente cun aforo limitado a 49 persoas, ampliable a un máximo de 98 no caso de que acudan conviventes, xa que estes poden sentar en dúas butacas contiguas.
Proxeccións e visualizacións a través da rede
Da man da Vicerreitoría, Pontevedra forma parte desde 2018 desta rede de cinema documental. Nos primeiros tres meses do ano, esta actividade levouse a cabo na Casa das Campás, complementándose estas proxeccións, cun aforo limitado a 15 persoas, coa posibilidade de ver cada documental a través da rede nos 15 días seguintes á súa exhibición. Esta posibilidade mantense tamén nestas novas citas, nas que as persoas que non poidan acudir ao Teatro Principal poderán enviar un correo electrónico a docspon@uvigo.es, indicando no asunto 'docs del mes'. A estas persoas enviarásellles un código numérico de uso unipersoal que lles permitirá acceder ao documental na web de Docs del Mes. En total, a Vicerreitoría poderá entregar un máximo de 200 'pases' para a visualización de cada un dos filmes.
A economía galega medrará catro décimas máis do previsto hai un ano, cando se elaboraron os orzamentos vixentes. Así se desprende do Informe sobre as previsións macroeconómicas que se incluirán nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2027, elaborado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e que hoxe foi avalado pola AIReF. Deste xeito, segundo constata o documento, Galicia medrará máis do previsto para este ano. Non en van, se en xullo, cando se aprobou o teito de gasto non financeiro, a Comunidade xa mellorou a previsión de crecemento que estaba nos orzamentos para este ano en dúas décimas, pasando do 1,9 % ao 2,1 %, agora volve a facelo, mellorando noutras dúas décimas (ata o 2,3 %) a previsión para o peche de 2026.