Notas de prensa

'A Emperadora' abre con 'forza' o XXVII Festival de Teatro Universitario

A compañía de teatro USC-Lugo, que dirixe Carmen Conde, completou o aforo do auditorio municipal Gustavo Freire na apertura do XXVII Festival de Teatro Universitario, un certame organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, coa estrea da obra ‘A Emperadora’, escrita e dirixida pola propia Carmen Conde.

A formación teatral do Campus de Lugo, cuxo renovado elenco de actores está formado este curso por Adrián Valdés, Ángela Oliveira, Julia Lacleta, Lucía Parga, María Rodríguez, Mariña Pena, Martina Godoy e Michael Pereira, congregou preto de 300 espectadores no auditorio lugués nas dúas funcións ofrecidas na apertura do XXVII Festival de Teatro Universitario, cuxa programación continúa esta tarde, a partir das 20.00 horas, coa representación de ‘Imperátor’, unha peza con dramaturxia, escenografía e dirección de Fernando Dacosta, a cargo da Aula de Teatro de Ourense ‘Maricastaña’.

O programa de representacións do festival de teatro universitario de Lugo retomará as funcións o próximo luns 19 de abril, cando a compañía Teatro El Mayal da Universidade de León poñerá en escena ‘Sweet Jane’, baixo a dirección de Javier R. de la Varga. Ao día seguinte, a compañía de teatro USC-Santiago que dirixe Roberto Salgueiro, botará o pano das funcións previstas no festival de teatro con ‘A casa da forza 2, 52-58’.

As persoas interesadas en poder asistir como público poden solicitar de balde xa as entradas, a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es. Os aforos de cada función estarán determinados pola normativa sociosanitaria vixente e a reserva de entradas poderá facerse vía telemática ata as 12.00 horas do día de cada función e tamén na entrada do auditorio.

Obradoiro de voz

O académico de Artes Escénicas e catedrático emérito da Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid, Vicente Fuentes, impartirá desde este xoves ata o sábado 18 de abril o obradoiro ‘Da palabra ao canto, do canto á palabra’. As sesións deste curso desenvolveranse na Aula de Teatro e Danza do Campus de Lugo (Facultade de Veterinaria) en quenda de 9.00 a 13.00 horas e de 15.00 a 18.30 horas. O número de prazas está limitado a un máximo de 10 participantes. As persoas interesadas aínda poden formalizar a súa matrícula a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es.

Outra das actividades complementarias promovidas ao abeiro do XXVII Festival de Teatro Universitario de Lugo é o concerto de Verto, unha cita musical programada para o 21 de abril, a partir das 20.00 horas no ‘Gustavo Freire’, que servirá de peche. Esta nova cita coa música galega virá precedida dunha breve sesión das marionetas elaboradas no taller impartido por Marga Portomeñe nos espazos de formación promovidos pola Área de Cultura da USC na sede universitaria luguesa.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-04-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (mariscadoras.JPG) O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, informou esta mañá de que o Consello deu luz verde aos textos 'dos estatutos das mulleres do rural e do sector marítimo-pesqueiro de Galicia', que entran así na súa última fase de tramitación coa súa remisión ao Consello Consultivo para que emita o informe preceptivo 'e estean aprobados a finais de ano'. Este trámite, que coincide coas vésperas do Día Internacional das Mulleres Rurais -que se conmemora cada 15 de outubro- busca 'avanzar no recoñecemento das mulleres' destes eidos e 'mellorar o seu acceso a novas oportunidades e recursos'. Ambos documentos buscan ademais, tal e como explicou Calvo, visibilizar a súa contribución ao desenvolvemento territorial; garantir o seu acceso en igualdade a dereitos, oportunidades e recursos; fomentar a contratación feminina en profesións masculinizadas ou impulsar a titularidade compartida en explotacións e embarcacións.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaxe.jpg) A economía galega medrará catro décimas máis do previsto hai un ano, cando se elaboraron os orzamentos vixentes. Así se desprende do Informe sobre as previsións macroeconómicas que se incluirán nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2027, elaborado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e que hoxe foi avalado pola AIReF. Deste xeito, segundo constata o documento, Galicia medrará máis do previsto para este ano. Non en van, se en xullo, cando se aprobou o teito de gasto non financeiro, a Comunidade xa mellorou a previsión de crecemento que estaba nos orzamentos para este ano en dúas décimas, pasando do 1,9 % ao 2,1 %, agora volve a facelo, mellorando noutras dúas décimas (ata o 2,3 %) a previsión para o peche de 2026.

Notas

A Rede de Centros Singulares de Investigación da USC conmemora o 24 de outubro o 10º aniversario de Ciencia Singular, a xornada de portas abertas que desde 2017 achega a miles de persoas o labor científico punteiro da USC. Esta iniciativa cumpre unha década ofrecendo á cidadanía a oportunidade de coñecer o traballo que realizan centos de investigadores en química, tecnoloxías intelixentes, medicina molecular, física de partículas ou tecnoloxías ambientais, descubrindo a aplicación práctica do coñecemento científico.
Entre os meses de outubro de 2026 e xuño de 2027 desenvolverase o VI Plan Ciencia de ida e volta, unha nova tempada de actividades de divulgación científica na UVigo, impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (co financiamento da FECYT-Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Ao longo de nove meses sucederase un amplo programa de actividades de lecer científico, co que a UVigo volverá sacar a ciencia dos laboratorios ás rúas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES