Notas de prensa

Presentado o epistolario entre Carvalho Calero e Otero Pedrayo, 'Polos camiños das horas'

Polos camiños das horas, que recolle a correspondencia entre Ramón Otero Pedrayo e Ricardo Carvalho Calero (as 167 cartas que intercambiaron entre 1949 e 1974), é unha iniciativa da Real Academia Galega (RAG) no marco das homenaxes que se lle renden a Ricardo Carvalho Calero con motivo do Día das Letras Galegas 2020, e que conta co apoio da Xunta así como do Parlamento de Galicia.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou no Pazo do Hórreo, na presentación do volume Polos camiños das horas, que recolle a correspondencia entre Ramón Otero Pedrayo e Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedicou o pasado Día das Letras Galegas.

O titular de Cultura da Xunta subliñou a importancia deste libro na medida en que afonda na figura de persoeiros “imprescindibles” da literatura galega como foron Ricardo Carvalho Calero e Ramón Otero Pedrayo; e as 167 cartas que intercambiaron entre 1949 e 1974 recollidas neste volume “son documentos valiosísimos á hora de afondar na intrahistoria da literatura galega do século XX”, ao tempo que constatan “a boa relación que mantiñan” ambos. “Trátase dun traballo de gran valor para todos aqueles investigadores e estudosos da nosa cultura, e tamén para o conxunto da sociedade” e que “resulta fundamental para entender algúns fitos relevantes da nosa cultura” como foi a posta en marcha da editorial Galaxia ou o impulso da Cátedra de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela, explicou Román Rodríguez.

Ademais do conselleiro, na presentación do epistolario tamén interviñeron Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega (RAG); Victoria Carballo-Calero, filla de Ricardo Carvalho Calero; Henrique Monteagudo, académico da RAG e coordinador do volume, e Patricia Arias Chachero, unha das editoras do libro.

Polos camiños das horas é unha iniciativa da Real Academia Galega (RAG) no marco das homenaxes que se lle renden a Ricardo Carvalho Calero con motivo do Día das Letras Galegas 2020, e que conta co apoio da Xunta así como do Parlamento de Galicia.

Xunta de Galicia, 2021-01-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES