
Isto garantirÃa non só a continuidade da educación primaria no centro da capital senón tamén, o que é vital, potenciar a calidade do ensino nos cursos vindeiros. Simultaneamente, preténdese dar un importante impulso educativo á segunda poboación do Concello, Baamonde, creando nas actuais instalacións do Colexio público un Conservatorio profesional de música, con arredor de 150 alumnos nos primeiros momentos, que serÃa xestionado pola Asociación Músico Crisanto, como evolución das súas Escolas municipais de música, das que o froito máis destacable é a Banda de música de Rábade-Begonte-Outeiro.
A operación supón un importante investimento, xa que comprenderÃa obras de renovación no Colexio de Begonte, asà como a reforma do edificio do actual Colexio de Baamonde para Conservatorio profesional de música, e a construción dun auditorio dentro deste para as actividades do centro e para concentrar nesta instalación cultural diversas actividades culturais do concello. O actual Polideportivo do Colexio de Baamonde manteriase na súa función de promoción deportiva na localidade.
As xestións e negociacións parecen ir por bo camiño e o goberno municipal de Begonte confÃa en poder levar adiante esta operación o próximo 2021, Ano Santo, do que tanto espera tamén este concello, e especialmente a localidade de Baamonde, enclavada no Camiño Norte a Compostela. Por se a operación pode levarse a efecto, os servizos técnicos do Concello están traballando na plasmación desta idea no correspondente proxecto técnico.
Esta iniciativa forma parte dunha estratexia xeral do Concello de Begone dirixida a fixar e atraer poboación, freando o despoboamento que afecta a grandes zonas do noso rural, facendo atractiva a vida nesta zona mediante a dotación de servizos básicos entre os que estarÃa asimesmo a creación dunha garderÃa ou un Punto de Atención á Infancia.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.