Notas de prensa

O XI Festival Galego de Cabaré regresa á Coruña tralo seu aprazamento adaptándose á nova realidade

Dende o seu aprazamento, con motivo da crise do Coronavirus dende finais de marzo, o Festival Galego de Cabaré foise adaptando á nova realidade para ofrecer unha nova e emocionante edición que terá lugar os días 2, 3 e 4 de outubro, co emblemático Teatro Colón da Coruña como epicentro absoluto dunha mostra única en toda a península arredor deste xénero que mestura comedia, danza, maxia, circo ou teatro envoltos nun fío conductor de picardía, elegancia, sensualidade, provocación... e mascarillas.

O Festival Galego de Cabaré, mostra única destas características que se celebra en toda a Península Ibérica, volve ás súas andanzas á Coruña, cidade que o víu medrar e expandirse, dende que no 2006 comezara as súa actividade. Volve pola porta grande, en formato de grande teatro, con espectáculos únicos e irrepetibles nos que abarcará xeneros como cabaré, o burlesque e o swing, e con propostas de carácter internacional e a presenza de artistas de todo o globo.

Durante 3 días, dende o venres 2 ao domingo 4 de outubro de 2020, e sempre que a situación sanitaria o permita, o emblemático Teatro Colón será escenario de espectáculos nos que a música, a danza, a pintura ao vivo, as acrobacias aéreas, os números picantes ou os monólogos serán impregnadas dese característico arrecendo a neftalina, nostalxia, sensualidade e provocación.

Serán tres grandes espectáculos no Teatro Colón, abrazando diferentes temáticas, xéneros e contidos:

VENRES 2 DE OUTUBRO 21:00 h CABARESQUE - EL BURLESCO MALANDRÃN + SRTA SILLER

O primeiro dos espectáculo,estará adicado ao Burlesque, e baixo o título CABARESQUE terá lugar dentro da caixa, dándolle a volta ao concepto, empregando o escenario como patio de butacas e a platea como telón de fondo e recreando un auténtico cabaré.
Será a cargo dos artistas El Burlesco Malandrín (Palencia) e a artista de burlesque Srta Siller (Granada), referentes a nivel estatal do novo cabaré e burlesque.

SÃBADO 3 DE OUTUBRO 21:00 h PASEANDO EL SWING - SWING MACHINE ORCHESTRA

O segundo día, sábado 3, ás 21:00 h acolleremos un grande espectáculo musical de swing titulada PASEANDO EL SWING a cargo da famosa SWING MACHINE ORCHESTRA. A “primeira orquestra de cordas swing” ofecerá unha proposta única, xenuína e aloucada con 12 músicos e bailaríns de diferentes procedencias; Cuba, Honduras, Arxentina e España para bailar ao ritmo frenético dos anos 30.

DOMINGO 4 DE OUTUBRO 20:00 h GALA FEMME FATALE - NELSON QUINTEIRO CABARET & Artistas convidados

O broche de ouro deste festival terá lugar o domingo ás 20:00 h cunha grande gala final APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS que recupera o espíritu das primeiras edicións do festival. Será a GALA FEMME FATALE a cargo da Compañía NELSON QUINTEIRO CABARET con colaboradores especiais. Monólogos con Iria Pinheiro, performance con Yolanda Paz, música en directo e cabaret con Nelson Quinteiro e o acordeonista Ãlvaro Cardalda, acrobacias aéreas con Manu Albariñas, pintura ao vivo con Marta Quinteiro, número especiais de danza con Iván Villar (Entrecaixas, Nova Galega de Danza), ademais de cabaré, cordeografías con cadeiras e moita actitude a cargo do corpo de baile formado polos artistas Yohel Santos, María Cordeiro, Laura Casás, Iván Davila e Nelson Quinteiro, contando coa actriz Adela Bértolo (Vai de Troula, TVG) como mestra de cerimonias.

Festival Galego de Cabaré, 2020-09-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES