Notas de prensa

O ránking Times Higher Education sitúa un ano máis a USC entre as mellores do mundo

A USC repite entre as mellores universidades do mundo na edición correspondente a 2021 do ránking que elabora Times Higher Education a través da análise de 1527 institucións pertencentes a 93 países. O intervalo 801-1000 é o ocupado pola Universidade nesta listaxe da que forman parte un total de 50 institucións españolas. A proxección internacional é o aspecto mellor valorado da USC, seguido do impacto das súas citas e da transferencia de coñecemento.

Cada unha destas áreas ten un peso determinado na valoración final: docencia (30%), investigación (30%), citacións (30%), proxección internacional (7,5%), e transferencia de coñecemento (2,5%).

86 millóns de citas analizadas

No relativo á proxección internacional, o ránking toma en consideración a habilidade de cada institución para captar alumnado foráneo, así como a proporción de persoal procedente doutros países e o nivel de colaboradores internacionais, isto é, o número total de publicacións relevantes que teñen polo menos un co-autor internacional.

A transferencia de coñecemento pon o foco na capacidade da institución por nutrir con innovación á industria, mentres que as citacións poñen en evidencia a influencia investigadora da Universidade. Na edición deste ano, examináronse máis de 86 millóns de citas de 13,6 millóns de artigos de revistas, recensións de artigos, actas de conferencias, libros e capítulos de libros publicados durante cinco años. Os datos inclúen máis de 24.000 revistas académicas indexadas pola base de datos Scopus de Elsevier e todas as publicacións indexadas entre 2015 e 2019. Tamén se recompilan as citas realizadas a estas publicacións entre 2015 e 2020.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-09-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES