
A dotación total asignada, para os centros de nova incorporación e para os de continuidade, ascende a 1.374.700 €. As asignacións para as novas incorporacións estarán destinadas á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, asà como para outros gastos de funcionamento. No caso dos centros de continuidade, poderán destinar as asignacións a fondos, a mobiliario e outros equipamentos ou a gastos de funcionamento especÃficos da biblioteca, en función do ano no que se integraran no Plan.
Entre outras cuestións, a convocatoria establece que as adquisicións dos fondos se realizarán, preferentemente, a través das librerÃas da zona de referencia do centro, e que deberán incluÃr materiais destinados á atención da diversidade (libros e outros materiais destinados ao alumnado con dificultades especÃficas de aprendizaxe, necesidades educativas especiais, altas capacidades, alumnado inmigrante etc.). Asà mesmo, a multiculturalidade e as diversas linguas con presenza no centro deberán ser convenientemente contempladas; e o 50% dos materiais adquiridos deberán ser en lingua galega. Ademais, poderase mercar con estas asignacións mobiliario especÃfico e adaptado ás necesidades da comunidade educativa.
Por outra banda, os centros incluÃdos neste programa poderán recibir formación especÃfica, no contexto do Plan anual de formación do profesorado e do propio programa, asà como asesoramento a través da asesorÃa de bibliotecas escolares da ConsellerÃa, desde onde se coordinará o plan de mellora e se levará a cabo o seguimento e supervisión oportunos.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.