
“Recentes investigacións mostran que o risco de contaxio redúcese ata un 80% se mantemos un metro de distancia. A probabilidade de contaxio por cada metro adicional redúcese un 50%. 1,5 metros é unha distancia segura”, continúa Caamaño, quen tamén pon o foco no lavado de mans como un hábito chave para facer fronte á pandemia. “Debemos usar os xeles sanitizantes ou o lavado de mans con frecuencia. Se temos accesibles este tipo de xeles nos corredores, nos nosos despachos, tenderemos a usalos varias veces durante a xornada”, afirma o epidemiólogo.
Evitar na medida do posible compartir, aÃnda que “sen obsesionarse”, material como papeis ou bolÃgrafos; poñer a máscara facial nos bares durante os intres nos que non estamos a consumir cando facemos un receso na xornada laboral xunto a outros compañeiros; asà como a “prudencia á hora de tocar superficies”, son outras das recomendacións de Caamaño Isorna. “Debemos procurar expresarnos máis coa mirada e na medida do posible manter certa distancia”, explica. “Debemos manter o lavado de mans e seguir sendo moi prudentes á hora de invitar ou visitar a amizades”, conclúe o epidemiólogo.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.