
Nesta xornada realizarase unha introdución sobre a iniciativa europea do Pacto das AlcaldÃas, que naceu no ano 2008 como un movemento de carácter internacional co obxectivo principal de mobilizar e implicar ás administracións locais na busca de sinerxÃas fronte ao cambio climático.
Durante o webinar, dunha hora de duración, explicaranse as tarefas que está a realizar en concreto a Xunta de Galicia, que a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático exerce de coordinadora do Pacto das AlcaldÃas en Galicia desde o ano 2017 e vén traballando cos concellos galegos, promovendo e apoiando a súa adhesión ao pacto e a consecución dos seus compromisos.
A continuación visualizarase dun xeito práctico o marco de elaboración dos Plans de Acción para o Clima e a EnerxÃa Sustentable (PACES), un documento que todos os asinantes do pacto teñen que redactar para garantir o cumprimento dos compromisos fixados pola UE de aquà a 2030 en materia de emisións, asà como os recursos existentes para a súa elaboración.
Para poder participar neste webinar, haberá un número de prazas limitado. Todos os interesados poden facer xa a súa inscrición a través da seguinte ligazón, tendo como data lÃmite para formalizala o 4 de xuño ás 14 horas.
Formación, axudas e enquisa
Con este novo seminario online a Xunta responde á demanda e interese amosado por varias empresas que están colaborando xa con concellos galegos na elaboración dos seus respectivos PACES. Ademais, vén complementar o ciclo de formacións en liña organizado durante o último mes pola Oficina Técnica do Pacto das AlcaldÃas en Galicia, nos que están a participar máis de 70 representantes municipais.
Todos estes cursos formativos pretenden facilitar a elaboración dos PACES, o mesmo obxectivo co que a Xunta publicou o pasado 14 de maio unha nova orde de axudas dirixida a concellos, entidades supramunicipais e agrupacións de entidades locais que estean formalmente adheridas ao Pacto co fin de contribuÃr a sufragar a elaboración dos seus respectivos plans de acción para o clima.
Asà mesmo, cómpre lembrar que a ConsellerÃa tamén está a realizar unha completa enquisa telemática aos preto de 200 concellos adheridos na actualidade a este movemento, co fin de coñecer con detalle os traballos que xa teñen realizado, a situación particular de cada municipio e os posibles atrancos que están a atopar para avanzar nos compromisos que asumiron coa súa adhesión.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.