Notas de prensa

Xeógrafos realizarán unha cartografía de risco da COVID-19 nos espazos urbanos e rurais de Galicia

Unha cartografía de risco coordinada polo profesor da USC Ãngel Miramontes permitirá coñecer onde se localizan os principais focos de contaxio pola COVID-19, con que factores territoriais están relacionados e cales son os espazos de actuación chave para frear a súa propagación. O convenio de colaboración asinado este xoves coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), por importe de 71.174 euros, favorecerá a análise do comportamento espacial de propagación da COVID-19 en Galicia.

O labor de apoio científico e técnico concretarase na elaboración dunha cartografía da localización espacial dos afectados nas cidades galegas. "Este mapa actualizable permitirá realizar un diagnóstico sobre o comportamento espacial do contaxio, e á súa vez, seleccionar os espazos máis necesitados de aplicar medidas anti-propagación", explica o profesor Miramontes. Seguindo a mesma metodoloxía, realizarase a cartografía correspondente ás cabeceiras comarcais e entidades de poboación das áreas rurais.

A memoria técnica do proxecto titulado 'Xeración de cartografía de risco da COVID-19 nos espazos urbanos e rurais de Galicia' foi realizada polo profesor Miramontes e contou coa colaboración do catedrático de Xeografía da USC e coordinador do grupo de investigación de Análise Territorial (ANTE), Rubén C. Lois González. Asemade, para o seu desenvolvemento, no equipo investigador integráronse expertos en Xeografía da Saúde doutras universidades españolas.

Esta cartografía é un dos oito proxectos concedidos por GAIN no marco da convocatoria que publicou a finais de marzo para impulsar actividades de I+D+i que podan ser transferibles ao sector da saúde, comercio ou industria, ante a situación de emerxencia derivada da evolución da pandemia do coronavirus. A esta convocatoria concorreron 160 propostas.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-05-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES