Notas de prensa

Novas estratexias para encarar o confinamento

A medida que van avanzando os días, o confinamento motivado pola crise do Covid-19 pode volverse máis difícil de xestionar emocionalmente. "Poñer o foco no presente, evitar caer na trampa do catastrofismo e alimentar o optimismo", conforman, a xuízo do profesor da USC Fernando Vázquez, procesos chave para encarar o momento actual. Debemos "confiar en nós mesmos e na nosa capacidade para superar esta situación", apunta. Para materializar estes obxectivos, pódese botar man de diferentes estratexias, algunhas delas en virtude das novas tecnoloxías.

Para o profesor Emilio Gutiérrez "fortalecer os vínculos con familiares e amigos por medio de videoconferencias" constitúe un exercicio acaído para encarar estes días. "Temos a oportunidade de realizar unha chea de cousas que normalmente o ritmo da vida normal obríganos a pospoñer como ler novelas, escoitar música, ver películas, xogar cos nosos fillos ou fortalecer as relacións cos nosos familiares e amigos. Tamén é un momento idóneo para realizar novas aprendizaxes e potenciar a creatividade; podemos comezar a aprender un novo idioma, a preparar novos pratos ou a redecorar a casa", explica Fernándo Vázquez. Para o profesor da USC este pode ser un bo momento para potenciar a reflexión sobre a vida propia e mesmo para deseñar novas metas.

Teletraballo

Enfrontarse cada día á xornada laboral nun espazo doméstico, pode resultar complicado e requirir dunha especial motivación. Neste senso, cada quen debe "atopar o seu ritmo persoal, se as posibilidades de teletraballo llo permiten", explica Emilio Gutiérrez. Máis alá de tentar iniciar a xornada cunha actitude positiva, a elección do espazo tamén incide en como se desenvolverá a actividade. "É fundamental que seleccionemos un sitio concreto e, na medida do posible, que garde unha certa separación do resto da casa, que non se utilice para outras actividades como comer, descansar ou durmir, para poder delimitar o ámbito profesional do persoal", explica Fernando Vázquez, "e se é posible, tamén que sexa un lugar ben iluminado, cómodo e que non conteña elementos distractores". O cal non quere dicir que non se poda acompañar a xornada con certos elementos que contribúan a obter unha mellor concentración, tales como "música, música e máis música", apunta Emilio Gutiérrez.

Establecer horarios de traballo ben definidos, manter unha boa comunicación cos compañeiros, realizar pequenos descansos durante a xornada, así como desconectar cando se rematan as tarefas realizando actividades que nos gusten son outras das pautas recomendadas.

Familia

Fomentar a comunicación sa cos restantes membros da familia resulta indispensable para encarar a situación actual de confinamento. "Aos nenos é imposible afastalos dos telexornais. Enténdeno perfectamente e é peor falar con claves ou en segredo", sinala Emilio Gutiérrez. "Manter unha actitude de escoita activa, de estar atentos ao que os outros membros da familia nos din para poder entender ben as mensaxes que nos trasladan e comunicarnos con eles de forma honesta, sincera e respectuosa", resulta crucial neste intre, explica Fernando Vázquez. Nesta liña, tamén é importante establecer unha distribución equilibrada das tarefas do fogar, así coma horarios ben definidos.

Para as persoas que están a vivir este confinamento en solitario "buscar algo que nos atraia e nos enganche" pode ser de grande utilidade, continúa Vázquez. Alén de manter a comunicación a través de videoconferencias, "actividades como ordenar, decorar, realizar arranxos na casa, facer as actividades domésticas ou actualizar o currículo" poden ser de gran axuda.

Colexio de Psicólogos

O Decanato da Facultade de Psicoloxía, xunto co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, acaba de distribuír unha serie de recomendacións para poder enfrontarse do mellor xeito posible ao confinamento. Informarse sempre en fontes solventes, establecer rutinas de coidado, lembrar as fortalezas propias e buscar a axuda dun profesional no caso de ser incapaz de xestionar as emocións son algunhas das pautas contempladas no documento.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-04-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES