
"A Organización Mundial da Saúde desaconsella o uso de luvas pois tamén se contaminan tal e como acontece coas mans", apunta Juan Gestal. "O que si debe facerse con frecuencia é lavar as mans con auga e xabón durante vinte segundos ao regresar á casa. Se se usan luvas, deben lavarse as mans antes de poñelas e despois de retiralas, e evitar tocarse os ollos, boca ou nariz", sinala o profesor. Na mesma liña, para Francisco Caamaño "o máis importante é ser conscientes de que as nosas mans poden estar contaminadas, asà que deben lavarse con frecuencia, tamén debemos, en todo momento, gardar a distancia social de seguridade de dous metros". Para realizar un lavado eficiente de mans, o Ministerio de Sanidade pon á disposición da cidadanÃa diferentes vÃdeo titoriais a través da súa canle oficial de YouTube.
Como lavar correctamente as mans
O ideal é que os guantes non sexan reutilizables, pero de ser asà "deben lavarse e desinfectarse cunha solución de lixivia en auga do 0,1%", apunta o profesor Gestal. Sacar as luvas pode ser tamén un momento crÃtico. "O primeiro guante debo sacalo agarrándoo pola palma coa outra man; e o segundo, utilizando o primeiro guante para non tocar o outro coa man", explica Caamaño. "Os guantes da froita e verdura son para non contaminar eses alimentos e tiraranse despois de utilizalos. Debemos usalos pero tendo en conta que hai que tomar as mesmas precaucións, os guantes pasan a ser as nosas mans, e como tales, calquera cousa contaminada que toquemos con eles, quedará contaminada tamén", continúa.
Máscara facial
"As máscaras faciais teñen unha duración limitada no tempo que no caso das cirúrxicas é de dez a quince minutos, pois en canto se humedecen pola parte anterior deben descartarse sen tocar esa parte anterior. Os filtros de partÃculas FFP1-FFP2 e FFP3 teñen unha duración maior, moitos dÃas, que depende do tempo de uso e da conservación, debendo descartarse cando se danen, deformen, mollen ou ensucien", explica o profesor Gestal. Atopar máscaras faciais nas farmacias é na actualidade practicamente imposible, por iso, comezan a agromar nas redes sociais vÃdeos nos que se explican pautas de fabricación caseira. "A protección que podan ofrece as máscaras faciais de produción caseira depende moito do tipo de tecido de que estean feitas, pero en xeral poden deter as gotas. Para hixienizalas, poden lavarse na lavadora, nun programa de auga quente, ou desinfectalas mergullándoas nunha solución de lixivia en auga do 0,1%", conclúe Gestal.
Francisco Caamaño pon o foco na distancia social, algo que é moito máis importante que o uso de máscaras faciais. "Vense fotos de xente con máscaras faciais dispostos xuntiños diante da cámara, e isto é o que nos ten que molestar, a máscara facial está correctamente colocada, pero o virus pode ter pasado por contacto. Debemos manter a distancia social", apunta o profesor da USC. "O importante é manter a distancia de seguridade; evitar tocar superficies e, de ter que facelo, empregar a man non dominante, evitar tocar ollos, boca ou nariz, e lavar as mans ao chegar a casa", di Gestal.
Ventilación
Nas medidas hixiénicas para previr o contaxio, o Ministerio de Sanidade apunta a importancia de ventilar os domicilios cinco minutos ao dÃa como mÃnimo. Realizar unha limpeza diaria con auga e xabón para as superficies de contacto frecuente, elimina xermes, sucidade e impurezas. En zonas comúns, como pode ser o caso das urbanizacións, tamén resulta indispensable a ventilación e que a persoa que efectúe a limpeza o faga con guantes dun só uso, limpando a diario as superficies que se tocan con maior frecuencia.
Estas recomendacións súmanse ás realizadas polos profesores da USC Isabel BandÃn Matos e Carlos Pereira Dopazo, os cales analizaron a supervivencia do virus en diferentes superficies coma o papel, o plástico ou as moedas.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ãngel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 dÃas por unha consulta co especialista. Asà o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 dÃas de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 dÃas menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.