
A deputada de Igualdade, MarÃa MuÃño, entregou na sede da Deputación da Coruña os Premios Concepción Arenal a proxectos educativos pola Igualdade que este ano recaeron en dous centros da Coruña e un de Culleredo. A deputada destacou a necesidade de contribuÃr á igualdade desde os centros educativos.
Un proxecto da Escola infantil de Montealto na modalidade de Educación Infantil, un do CEIP Sanjurjo de Carricarte na de Educación Primaria, os dous da Coruña, e un do IES Universidade Laboral de Cullleredo en Educación Secundaria son os gañadores da nova edición do Premio "Concepción Arenal" de proxectos educativos pola igualdade de xénero da Deputación da Coruña.
"O premio supón unha iniciativa para desenvolver desde os centros de ensino proxectos que contribúan á igualdade nun ámbito de vital importancia para construÃr un futuro sen discriminación", sinalou a deputada de Igualdade, MarÃa MuÃño.
"As maletas viaxeiras para a igualdade de xénero" da Escola Infantil de Montealto da Coruña foi o proxecto que resultou gañador na modalidade infantil do Concepción Arenal por ser, segundo o xurado, unha iniciativa "dinámica e participativa, con especial coidado na implicación das familias.
Pola súa parte, outro centro da Coruña, o CEIP Sanjurjo de Carricarte da Coruña, foi o gañador na modalidade de Educación primaria co traballo "Mais que unha liga de mulleres: Nós contamos, vós pintades, elas suman" do que o fallo destaca a "implicación de toda a comunidade, a alta xestión e coordinación do programa, asà como o enfoque inclusivo da diversidade, a descrición de boas prácticas e a súa axeitada avaliación".
Finalmente, na modalidade para proxectos de Educación secundaria, o centro gañador resultou ser o IES Universidade Laboral de Culleredo co proxecto titulado "Camiñando cara a igualdade: xuntos debuxaremos portas violetas" do que o xurado valorou o "traballo continuado durante todo o curso, a participación e coordinación do alumnado e doutros axentes externos, e o enfoque transversal de xénero e igualdade, tendo en conta a realidade e as caracterÃsticas do centro e a súa oferta educativa e o número de alumnado e profesorado entre outros indicadores.
Os premios están dotados con 5.000 € en cada unha das modalidades.
Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalarÃa, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades especÃficas de Galicia.