Notas de prensa

‘Stat Wars: o Imperio dos Datos’ achega as utilidades da estatística a alumnado de Bacharelato e ESO

A iniciativa ‘Stat Wars: o Imperio dos Datos’, liderada polo Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos (GRID) da USC, desenvolverase os días 27 e 28 de abril no Auditorio de Galicia. Esta actividade ten como primordial obxectivo amosarlle a alumnado de ESO e Bacharelato todas as utilidades da estatística, así como as súas aplicacións noutras disciplinas para a resolución de problemáticas habituais.

“Ambientada na coñecida saga cinematográfica Star Wars e empregando un enfoque baseado na metodoloxía ‘aprender-xogando’, o seu formato innovador atrae o interese dos estudantes e fomenta a súa participación, transformándoos en estatísticos por un día”, apunta a organizadora do certame Carmen Cadarso Suárez, catedrática do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización.

Os centros de ensinanza interesados en participar deben contactar coa organización a través do correo electrónico proyecto.statwars@usc.es ou no teléfono 881812283 en horario de 10.00 a 14.00 horas. Esta iniciativa divulgativa conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía-Ministerio de Ciencia e Innovación e da Rede Nacional de Bioestatística (BIOSTATNET).

Xunto á USC, toman parte nesta iniciativa as universidades e Navarra, Almería, País Vasco, Autónoma de Barcelona, Politécnica de Cataluña, Carlos III de Madrid, Salamanca, Castela-A Mancha e Valencia.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-03-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (vilablues-2026.jpg) Un dos elementos diferenciais do Vilablues é que a súa programación transcende o recinto principal e se integra na propia vida do municipio. O festival conta con concertos, pasarrúas, sesións, jam sessions e actividades dirixidas a diferentes públicos, facendo que a música dialogue co espazo público, coa hostalaría, co comercio e coa actividade cotiá de Vilanova de Arousa. O cartel desta undécima edición estará encabezado por Dr. Feelgood, unha das grandes lendas británicas do pub rock.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) A incorporación da intelixencia artificial (IA), o internet das cousas (IoT) e o big data nos sistemas xeoespaciais corporativos da Xunta, xunto co despregamento da plataforma de soporte a xemelgos dixitais, están a transformar a xestión territorial de Galicia, segundo o balance de 2025 da Estratexia Galicia Dixital 2030. O novo modelo, resultado do Programa de Xestión Territorial Intelixente, permite aproveitar as oportunidades en materia de xestión e coñecemento do territorio, de acordo coa visión estratéxica dunha transformación dixital adaptada ás necesidades específicas de Galicia.

Notas

Dous investigadores acaban de construír as primeiras ‘xeometrías de Einstein’ non homoxéneas sobre un dos espazos máis fundamentais das matemáticas, os espazos proxectivos complexos. Con isto responden afirmativamente nas dimensións n = 4 e n = 6 unha pregunta que o xeómetra francés Marcel Berger formulou en 1965 e que se resistira durante seis décadas.
No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES