Unha terceira semana que traerá tamén clásicos de Cineuropa como son as pelÃculas sorpresa, que este ano son tres e unha delas estrea absoluta, e a noite do maratón.
O último traballo do director galego Eloy Enciso, Longa Noite, terá a súa preestrea en Cineuropa o 23 de novembro no Teatro Principal, antes de que pase as salas comerciais no mes de decembro, e contará coa presenza do realizador. A preestrea de Longa Noite vén precedida dun ciclo propio, denominado Carta branca a Eloy Enciso, no que o director escolleu tres filmes que axudan a comprender a súa nova longametraxe. Unha sorte de preparación que lle permitiu explicar ao público a través dos filmes Dalla nube alla resistenza, Tropical Malady e Geschichte der nacht as referencias que se agochan en Longa noite. A pelÃcula, poderosa no seu fondo e na súa forma, mestura textos literarios, reflexións polÃticas e imaxes preciosistas para narrar a historia de Anxo, un protagonista que regresa á súa vila natal no rural galego despois da guerra. Alà atópase co rancor tanto de gañadores coma de vencidos, que ven o perigo de que afonde en memorias que crÃan esquecidas.
O cinema galego ten outra importante cita neste semana de Cineuropa. O domingo 24 (ás 19.00 horas no Auditorio de Galicia) terá lugar a estrea oficial de Eroski ParaÃso, a versión cinematográfica da exitosa obra de teatro de Chévere levada á pantalla por Jorge Coira e Xesús Ron. A pelÃcula, que chegará ás salas comerciais no mes de decembro, é unha adaptación salta do documental, á ficción e da ficción á performance para seguir a Alejandra, a protagonista, na busca da historia que uniu aos seus pais.
Entre as grandes citas de Cineuropa para os vindeiros dÃas están as estreas do filme de Pedro Costa, Vitalina Varela, e Canción sin nombre, a ópera prima da directora peruana Melina León. O director portugués retoma neste filme unha das personaxes de Cavalo dinheiro para situar ao espectador na vida de Vitalina, unha muller de Cabo Verde que chega a Lisboa tres dÃas despois de celebrar o funeral do seu marido. Unha historia que conseguiu o Leopardo de ouro ao mellor filme e á mellor actriz no festival de Cinema de Locarno. Pola súa banda, Canción sin nombre, que converteu a Melina León na primeira realizadora do seu paÃs en pasar polo festival de Cannes, conta a historia dunha nai que busca xunto a un xornalista ao seu fillo, roubado nada máis nacer por unha rede de tráfico de persoas.
Presenza de directores
Dous directores que participan na sección de competición estarán esta semana en Santiago para presentar as súas pelÃculas. O xoves 21 (ás 22.15 horas no Teatro Principal) o realizador chileno Théo Court charlará co público sobre a súa primeira longametraxe, Blanco en blanco, premio á mellor dirección na sección Orizzonti na Mostra de Venecia. Unha pelÃcula coa que viaxar a Tierra del Fuego a comezos do século XX para ser testemuña do xenocidio dos nativos Selknam. O domingo, será a quenda de Andrés Duque, que trae a Cineuropa o documental Carelia: internacional con monumento, o retrato dunha familia que vive na fronteira entre Rusia e Finlandia e que mantén vivos os rituais chamánicos tradicionais. O director atoparase co público o domingo 24 no Teatro Principal ás 19.45 horas.
Ademais, o mércores 20 estará a directora galega Ana DomÃnguez no Museo das Peregrinacións para compartir impresións co público asistente ao pase de Os fillos da vide, enmarcado no ciclo Os últimos dÃas do Edén, e que terá lugar ás 17.30 horas.
Mesas redondas
Unha das figuras que homenaxea este ano Cineuropa é a do director lituano Jonas Mekas, un dos persoeiros máis influÃntes do cinema undergroud e que faleceu neste ano. Este momento de lembranza servirá para afondar no seu traballo nunha mesa redonda titulada Antes e agora e na que participarán o codirector do festival S8, Ãngel Rueda; a directora Jaione Camborda, a cineasta Xisela Franco e o programador e director da revista cinematográfica Lumière, Francisco AlgarÃn Navarro. Todos eles analizarán, moderados polo coordinador da programación do festival, Javier Trigales, a relevancia do cinema de Mekas e o peso do seu legado en xeracións posteriores nunha charla que terá lugar o mércores 20, ás 16.15 horas no Teatro Principal. Despois da mesa, poderanse ver dúas das súas pelÃculas en formato 16 milÃmetros, para o que se instalará un proxector analóxico no teatro. Debido a iso, o visionado será en versión orixinal e sen subtÃtulos. Porén, os traballos de Mekas están caracterizados pola súa forza visual e poucos diálogos, polo que se poderán seguir con facilidade. Os filmes estarán, ademais, presentados polo responsable da revista Lumière, Francisco AlgarÃn Navarro, quen tamén fará unha introdución á pelÃcula A vingança de uma mulher, de Rita Azevedo Gomes. O primeiro que se proxecte, ás 17.30 horas, será Walden e estará seguido por In between, ás 21.00 horas. Ambos, no Teatro Principal.
O venres 22, Cineuropa programa outra oportunidade para achegarse e conversar con algúns dos protagonistas do mundo do cinema. Nesta ocasión, serán diferentes responsables de mostras de cinema de Galicia os que analizarán na mesa Proxecta: Boom ou burbulla, moderada pola directora do festival, Laura Seoane, o xurdimento de numerosas iniciativas neste campo. Será no Museo das Peregrinacións ás 19.30 horas e nesta mesa participarán a directora da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), Ana Estévez; o subdirector do FIC Bueu, Severiano Casalderrey; a membro da organización do festival de Cans Keka Losada, e o director do Auditorio de Galicia, XaquÃn López. A última das charlas abertas que se organizan no marco desta 33ª edición de Cineuropa é arredor da dirección de fotografÃa. En Creadores de imaxes participarán dous dos responsables de fotografÃa con máis forza visual do cinema galego, como son LucÃa Catoira Pan, quen asinou a foto de filmes como Trote e Dhogs ou as curtas Matria e A nena azul, e Alberte Branco (Arima, A estación violenta ou Las altas presiones). A cita é o vindeiro luns dÃa 25 ás 19.30 horas na Fundación Torrente Ballester.
Maratón e pelÃculas sorpresa
As citas desta semana en Cineuropa complétanse con dous acontecementos xa clásicos: o maratón e os pases sorpresa. O primeiro deles terá lugar na noite do dÃa 22 no Teatro Principal baixo o tÃtulo Eu contra o mundo e fará un repaso a oito filmes que encarnan a figura do antiheroe. Máis de 13 horas para vivir de maneira intensa o festival. Pola súa banda, os filmes sorpresa multiplÃcanse este ano. Do clásico único filme sen tÃtulo, nesta edición pódense atopar na programación ata tres pases baixo o epÃgrafe pelÃcula sorpresa. O xogo consiste en adiviñar de que filme se trata a través das pistas que se facilitan nas redes sociais de Cineuropa. A primeira delas, que se proxecta hoxe ás 22.00 horas no Teatro Principal, será unha estrea absoluta. As dúas restantes inclúen un tÃtulo dos anos 80, que se pasará o martes 26 ás 22.15 horas no Salón Teatro, e outro dos anos 70 que se poderá ver o dÃa 27 ás 18.00 horas, tamén no Salón Teatro.
Cineuropa é un festival organizado polo Concello de Santiago, a través do Auditorio de Galicia, coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Deputación da Coruña. Conta tamén co apoio da AGADIC da Xunta de Galicia, o Museo das Peregrinacións e de Santiago, o ICAA do Ministerio de Cultura e Deporte e os Multicines Compostela. Ademais, o festival é apoiado tamén polas seguintes institucións culturais e empresas da cidade: Grupo Nissan Caeiro Rey, Café Candelas, Acopros, Extramundo, O Raio Verde, La Flor, Hotel Costa Vella e Hoteles Avenida.