Notas de prensa

Galicia abre en Oporto un restaurante efímero con oito estrelas Michelin e 20 soles Repsol

O establecemento instalado no Hotel Carrís Ribeira ata o 17 de novembro é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Grupo Nove. Funcionará como embaixador da gastronomía galega e afondará na internacionalización e desestacionalización nun mercado de gran potencial. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na preapertura do establecemento nun acto para a prensa española e portuguesa

O restaurante efímero Nave Nove, froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Grupo Nove, abreu as súas portas na cidade de Oporto para promover a enogastronomía galega durante o outono. Desde hoxe e ata o vindeiro 17 de novembro, os cociñeiros do grupo realizarán as súas creacións neste establecemento temporal situado no Hotel Carrís Porto Ribeira.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto de preapertura dirixido a prensa estranxeira e portuguesa onde se recreou a esencia de Nove a través do menú degustación que se ofrecerá a todos os clientes e que está elaborado polos 22 chefs do grupo para exportar a alta cociña galega no mercado portugués e favorecer así a internacionalización da oferta enogastronómica galega.

Nave Nove ofrece servizo de ceas de martes a domingo cun único menú degustación que consta de nove pasos: un apetitivo, dous entrantes, dous pescados, dúas carnes e dúas sobremesas. Poderase optar por incluír un maridaxe de vinos.

O restaurante itinerante permitirá reunir nunha única iniciativa 22 chefs de prestixio que suman oito Estrelas Michelín e 20 Soles Repsol e funcionará como embaixador da gastronomía galega en Portugal.

Con esta iniciativa, a Xunta promove a internacionalización e desestacionalización do destino galego nun mercado de gran potencial como o portugués, o primeiro mercado internacional para Galicia e que recibe numerosos turistas estranxeiros.

Xunta de Galicia, 2019-10-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, liderou esta na capital comunitaria a delegación da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) que mantivo unha reunión de traballo na sede da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) con representantes deste departamento da Comisión Europea. No encontro participaron mandatarios e representantes de territorios costeiros de concas como o Atlántico, o Mediterráneo ou o mar do Norte para abordar a futura estratexia Visión 2040 e a necesaria actualización da Política Pesqueira Común (PPC).
Foto de la tercera plana (premios-nacionales-artesania-2026.jpg) Un total de cinco candidaturas galegas optan como finalistas aos XIX Premios Nacionais de Artesanía, convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Galicia convértese así na comunidade con máis finalistas, con candidaturas en catro das cinco categorías. En concreto, os ceramistas Barreiros Artesanía e a deseñadora e redeira Amalia Puga optan ao Premio Produto, mentres que Sandra Vilas é candidata por segundo ano consecutivo ao Premio Emprendemento.

Notas

A exposición 'Outro e sobre si', do artista Andrés Rodís, abriu as súas portas ao público no Museo Gaiás da Cidade da Cultura. A mostra é o resultado da I Residencia ArtLab IGFAE, unha iniciativa da USC e a Xunta e que naceu en 2025 para tecer fíos entre a investigación en física de partículas e a creación contemporánea galega. 'Outro e sobre si' poderá visitarse de balde no Gaiás ata xaneiro de 2027.
Discutir academicamente acerca do cómic contemporáneo desde as novas concepcións e usos do soporte e do formato tradicionalmente asociados á banda deseñada é o obxectivo central do XI Foro Internacional de Creación na Fronteira, que reunirá un conxunto de especialistas de diferentes áreas na sede da Vicerreitoría do campus.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES