No caso do Consello de Europa polo seu papel clave para a difusión, promoción e coñecemento da Ruta Xacobea e dos valores asociados á mesma. De feito, dixo, a institución favoreceu o coñecemento e divulgación da ruta, foi o artífice da súa declaración como primeiro itinerario Cultural Europeo en 1987 e ademais promocionou os valores xacobeos como unha herdanza común europea.
A continuación, e logo de precisar que son as institucións e as persoas as que verdadeiramente manteñen a vixencia do Camiño, Feijóo subliñou que cada vez son máis os peregrinos que percorren os distintos Camiños de Santiago. Tanto é así, subliñou, que os últimos datos sitúan en 328.892 o número de peregrinos que chegaron a Compostela este ano, superando a cifra de todo o 2018 e coa previsión de rematar o ano con ao redor de 350.000 peregrinos nas mellores condicións históricas e con optimismo de cara ao Xacobeo 2021, engadiu.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, liderou esta na capital comunitaria a delegación da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) que mantivo unha reunión de traballo na sede da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) con representantes deste departamento da Comisión Europea. No encontro participaron mandatarios e representantes de territorios costeiros de concas como o Atlántico, o Mediterráneo ou o mar do Norte para abordar a futura estratexia Visión 2040 e a necesaria actualización da Política Pesqueira Común (PPC).
Un total de cinco candidaturas galegas optan como finalistas aos XIX Premios Nacionais de Artesanía, convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Galicia convértese así na comunidade con máis finalistas, con candidaturas en catro das cinco categorías. En concreto, os ceramistas Barreiros Artesanía e a deseñadora e redeira Amalia Puga optan ao Premio Produto, mentres que Sandra Vilas é candidata por segundo ano consecutivo ao Premio Emprendemento.