Notas de prensa

Alien machaca ó Dinoseto no cartel da II edición do Galician Freaky Film Festival

Coma ven sendo habitual, os organizadores do Galician Freaky Film Festival presentaron esta mañá o cartel do evento ós pes do Dinoseto para obter a súa bendición. A segunda edición (tras unha edición 0 e máis a #1 Edition) busca manter os pilares sobre os que se cimenta o festival: gamberrismo, diversión e frikismo túzaro. A alma da Xeración Xabarín convertida en festa e culto cinematográfico ó gore, ó terror, á ciencia ficción, á fantasía e á serie B.

Unha mestura feita a medida para un público que cada ano vai medrando e que sintoniza co espírito da cidade. “Co macarra que é Vigo, co festeiro que é, comprobamos que o primeiro ano achegáronse 400 persoas e no último 1000” – comentou, Juan de Castro, director do Festival – “así que queremos seguir divertindo, berrando e ensinando todo ese cine máis underground que non ten cabida noutros certames”.

Nesta ocasión, foron máis de 200 as cintas que se presentaron para formar parte da selección final do GFFF. Títulos chegados dende lugares moi dispares e que demostran a grande interese que segue a existir polo cine de xénero máis puro e sen filtro. Ademais, a organización destaca o recentes que son a maioría das películas recibidas, xa que case a metade de todas elas foron realizadas entre 2018 e 2019.

NOVIDADES DA #2 EDITION

Este ano cómprense 4 décadas da estrea mundial de Alien, o oitavo pasaxeiro, a cinta de culto de Ridley Scott e protagonizada por Sigourney Weaver. Por iso o GFFF quere rendir homenaxe a tan destacada efeméride de tódolos xeitos posibles. “A ambientación estará inspirada nos deseños incribles que fixera H. R. Giger para a película” – sinalou De Castro – “pero teremos tamén expos, concertos, recordos para xente que xa pasou a mellor vida e varias sorpresas”.

Para crear unha atmosfera que recorde á mítica nave Nostromo, o GFFF conta coas habilidades de Ricardo Spencer, un dos maiores expertos en escenografía e efectos especiais do panorama audiovisual galego.

O CARTEL

O xenomorfo, ese ser terrible, con instinto asasino e un pouco baboso da peli, non podía faltar no cartel desta segunda edición do Galician Freaky Film Festival, obra de Paulo Mosca e María Llauger.

Coma se fose o instante final dunha película de Kaijus, –o subxénero xaponés centrado en monstros xigantes coma Godzilla, Gamera ou mesmo King Kong– , o Dinoseto é atravesado de xeito fatal pola punzante cola do alien nunha loita a morte no centro de Vigo.

Así, Mosca, continúa a serie de carteis das anteriores edicións nos que sempre faise referencia ós xéneros máis pulp e undergorund en consonancia perfecta co espírito do Festival.

En definitiva, a segunda edición do Galician Freaky Film Festival chega cargada coma sempre de diversión, de ganas de montar barullo e pasalo ben desfrutando da parte máis gamberra da sétima arte.

Galician Freaky Film Fest, 2019-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES