Notas de prensa

Arranca o Ateneo Barroco de Santiago co ciclo de cinema-documental-musical

Como aperitivo da semana grande de concertos do novo festival Ateneo Barroco, comezamos coas actividades complementarias gratuítas. De vocación divulgativa e didáctica, estas actividades complementarias comezan con dúas sesións “cinematográficas”, comezando coa participación do arpista compostelán Manuel Vilas, creador dunha singular proposta en directo na que a arpa serve de vehículo de transporte para un “travelling” moi especial ao longo de 50 anos de historia do cinema.

Este documental creado en directo ilustra a presenza da arpa no cine clásico (dende as arpas do antigo Exipto até as modernas arpas de pedais). O acto terá lugar o martes 1 de outubro na sede de Afundación na Rúa do Vilar compostelá ás 20.00h con entrada libre até completar o aforo do local.

A achega deste miniciclo titulado “Cinema, Doc, Música” complétase ao día seguinte, o martes 2 de outubro cunha dobre sesión de documentais musicais a partir das 18.30h. Proxectaranse sucesivamente senllos documentos audiovisuais que, con Londres como lugar común, están dedicados á obra de dúas das máis salientables figuras do Barroco e da historia da música, Johann Sebastian Bach e Georg Friedrich Haendel.

Este novo Festival de música para Santiago de Compostela é unha iniciativa do Ateneo de Santiago, incluído no programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia e patrocinado pola Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, ademais de contar coa colaboración da Universidade de Santiago.

Ateneo de Santiago, 2019-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES