Notas de prensa

Achados en modelos animais identifican novos usos terapéuticos da nicotina fronte á obesidade

Un grupo de investigadores da USC, Girona, Oxford e Iowa identificaron novos usos terapéuticos da nicotina na loita contra a obesidade. O traballo agora presentado na revista Nature Communications identificou que a nicotina induce o ‘pardecemento’ do tecido adiposo branco ao actuar no cerebro. Dende a perspectiva do control do peso corporal, a posibilidade de converter a graxa branca en parda supón contar cun novo ‘interruptor’ na loita contra a obesidade.

Como aclara a primeira asinante do traballo, a investigadora do grupo NeurObesidad de Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) Patricia Seoane Collazo, o tecido adiposo pardo (graxa parda) é o que non almacena lípidos (ao contrario que a graxa branca) senón que os ‘queima’ a través dun proceso no que se xera calor (termoxénese). Por exemplo, cando o sistema nervioso central interpreta que o organismo se atopa nun ambiente frío desencadea como resposta unha activación da termoxénese da graxa parda para incrementar a temperatura corporal.

Dende a perspectiva do control do peso corporal, a posibilidade de converter a graxa branca en parda supón contar cun novo ‘interruptor’ na loita contra a obesidade. Como matiza a investigadora, “o descubrimento non implica que as persoas que fuman acaden un mellor control do peso senón que os nosos estudos permítennos identificar un novo mecanismo molecular na utilización da nicotina, sempre medicamente controlada e liberada, con posibilidades ata agora descoñecidas”. Ademais dado este novo paso na comprensión do comportamento da nicotina haberá que establecer esforzos para definir como “a nicotina exerce os seus efectos beneficiosos no control do peso corporal” e así “poder deseñar terapias que eviten os seus efectos nocivos”, principalmente os vinculados á acción de fumar, afirma Patricia Seoane.

“A nicotina pode modular as vías de recompensa, como o sistema opioide endóxeno. O sistema opioide estableceuse como un regulador importante nos procesos neurais hedónicos e de recompensa, como os que conducen a conductas aditivas” engade Patricia Seoane no traballo publicado polo grupo Nature. O artigo tamén explica que o pardecemento da graxa depende dun subtipo de receptores opioides (o receptor opioide kappa), especificamente na área hipotalámica lateral, proceso que agora se constatou en estudos realizados en modelos animais. Ademais, o traballo presenta datos en humanos, do grupo de José Manuel Fernández-Real en Girona, que demostran que o tecido adiposo branco dos fumadores mostra sinais de pardecemento. En conxunto, o estudo “abre portas para a busca de novas dianas terapéuticas para o tratamento da obesidade”, xa que o equipo de investigación comprobou por primeira vez a implicación do sistema opioide no control do pardecemento do tecido adiposo branco.

Por parte da USC, o novo traballo publicado por Nature Communications co título ‘Central nicotine induces browning through hypothalamic κ opioid receptorÂ’, ten como primeiras asinantes a Patricia Seoane Collazo, Laura Liñares Pose, Eva Rial Pensado, Amparo Romero Picó, ademais dos profesores Carlos Diéguez e Miguel López, que dirixiron o estudio. Do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS), tamén contribuíron Noelia Martínez Sánchez, Pablo Garrido Gil, Ana Senra, Cintia Folgueira, José L. Labandeira García, e Rubén Nogueiras.

Traballos previos

O novo traballo dá continuidade a estudos previos de Miguel López, cuxo grupo xa en 2012 demostrou que a nicotina inhibe a actividade da proteína AMPK no hipotálamo provocando a diminución da inxesta e un incremento do gasto enerxético ao activar o tecido adiposo pardo. O resultado asociado a todo este proceso era unha perda de masa corporal. A importancia da proteína AMPK (AMP-activated protein kinase), involucrada, entre outros procesos celulares, nos primeiros pasos da produción de lípidos, radica na súa sensibilidade a calquera variación nos niveis enerxéticos da célula e o organismo.

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Ãrea TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES