Notas de prensa

Jei Noguerol presenta o seu novo disco 'Qué noite a daquel verán / Port d'en Perris'

“Qué noite a daquel verán” e “Port d’en Perris” son a parella de novas cancións con que volta Jei Noguerol. En formato single, pódense atopar en todas as tendas dixitais a partir do vindeiro venres 12 de xullo. Ambas as dúas cancións fan parte do libro “Folgos”, que o trobeiro, compositor e cantante galego vai publicar co gallo do 50 aniversario da publicación do seu primeiro disco “Denantes dos vinte anos”.

Galicia e L’Escala

Dous dos lugares que marcaron, dalgún xeito, o camiñar de Jei Noguerol aparecen enlazados neste disco.

O Valadouro, Suegos, O Folgueiro… son enclaves presentes na canción “Qué noite a daquel verán”, que relembra unha festa nocturna de verán alumeada pola presenza das farolas modernistas do Passeig Lluís Companys, de Barcelona, obra do arquitecto Pere Falqués, que semellan os Petromax daquela lonxana verbena.

“Port d’en Perris”, a outra canción do disco, cantada en galego e en catalán, é unha historia de amor que transcorre no actual coial de L’Escala (Girona), que en tempos foi un peirao no que Josep Pla tiña una barca con nome de vento, a “Mestral”.

Créditos

O disco foi producido, grabado, mesturado e masterizado en BITSTUDI de Barcelona por Xavier Batllés, en agosto e setembro de 2018.

Coa participación dos músicos:, Xavier Batllés, Blai Casals, Clàudia Cabero, Noa Noguerol, Dani Morén, Rosa Pascual, Pau Figueres, Daniel Farran.

Máis información en Microscopi.cat.

Microscopi, 2019-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES