
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiron ao acto onde puxeron en valor o papel desta festividade en Galicia. Como explicou Nava Castro, é unha celebración que chegou para quedarse e que nas súas catro edicións está a demostrar ser un impulso para a oferta turística da Mariña lucense durante o verán, un destino que está a evolucionar moi positivamente nos últimos anos. De feito, en 2018 foi A Mariña Lucense foi o segundo xeodestino que máis medrou.
Participaron canda eles na presentación, que acolleu o Pazo de San Roque, o alcalde do Vicedo, Jesús Novo, e mais Andrea Pousa e Enrique Domínguez, Queiman e Pousa, coordinadores artísticos do evento.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.