Notas de prensa

Bruno Villamor impartirá obradoiros de música tradicional galega no prestixioso Lark Camp 2019 en California

O gaiteiro lugués (con orixes ulloanas) Bruno Villamor impartirá obradoiros de música tradicional galega (especialidades de gaita galega, percusión tradicional, requinta e zanfona) no prestixioso Lark Camp 2019 no estado de California (USA). O Lark Camp botou a andar no ano 1980 co nome de Lark in the morning Music Celebration sempre tendo como sede o parque estatal Mendocino Woodlands, preto da vila costeira de Mendocino (California).

O Lark Camp é unha celebración estadounidense anual de música e danza que inclúe talleres de instrución tanto para profesionais como principiantes. Neste ano 2019 chega á súa 40 edición e celebrarase do 26 de xullo ata o 3 de agosto.

Bruno Villamor Gay (Lugo, 1978). Titulado Superior en Música na Especialidade de Instrumentos da Música Tradicional Galega polo conservatorio Superior de Música de Vigo. Neto d’O Gaiteiro de Santo Xusto’, ten contacto coa música tradicional dende moi neno recibindo clases de mestres da talla de Enrique Candal, Daniel Bellón, Pepe Vaamonde, Iván Costa, Germán Diaz, etc.

Membro fundador do grupo Caldaloba de Lugo co que ten editado o cd As Córes da Música (Sons Galiza, 1999). Membro fundador do grupo Os Minhotos no milita ata o ano 2015, co que ten editado o cd Pinga d’Auga (2013). Na actualidade desempeña a súa faceta de gaiteiro e compositor nos grupos Zoelas (co que ten editado o cd Evelaités), Tango en Xan3iro (co que ten editado o cd Meu Pitiño) e A Vagabán.

Entre os diversos galardóns obtidos destacan o 1º Premio do Concurso Sons Folk 98 acadado como membro do grupo Caldaloba, finalista do 24éme e 26éme Trophée Interceltiquepour soliste de gaita Mac Crimmon (Lorient 2012 e 2014) e os dous accésits acadados no Concurso de Gaita Constantino Bellón nas edicións XVI e XVIII.

Na actualidade combina a dirección artística da Asociación Cultural “Cántigas e Frores” coa impartición de clases de gaita, requinta e percusión tradicional. Ten impartido diversos cursos en Galicia (XVI, XVII, XVIII, XIX e XX Curso de Cultura Tradicional Galega organizado pola Asociación Cántigas e Frores de Lugo; Curso de Técnica e Interpretación de Gaita Galega (2006) no Conservatorio Profesional de Ourense; Os Ritmos tradicionais galegos no ensino da música e da educación física (2008) na USC) e na Galicia exterior (Unity Galega de New York; Centro Galego de México DF; Centro Galego de Santander; Centro Galego de Vitoria; Irmandade Galega de Euskadi; Casa de Galicia de Ponferrada, A Roda (Lousanne-Suiza), CRC Ourense (Basel-Suíza), Centro Galego de Laudio, Lar Galego de Pamplona...)

Ao longo da súa carreira realizou varias publicacións: a serie Temperando Iniciación (editorial Dos Acordes) método progresivo de aprendizaxe para gaita galega que consta de catro volumes; dous volumes da serie Temperando Intermedio (editorial Dos Acordes) A Evolución da Música Tradicional Galega (libro publicado polo Concello de Santiago de Compostela do que é coautor), o artigo Cántigas e Frores publicado na revista Etno-folk, Cántigas e Frores “60 anos de tradición”. Editorial Cántigas e Frores e O Gaiteiro de Santo Xusto “O son da Ulloa”. Edición propia.

Participou na gravación de diversos discos como son o XIII, XVI, XVII, XVIII e XIX Constantino Bellón, I Certame de Gaita As Mariñas de Betanzos, Mira como veño (do grupo Cantatí), Contratempo (do grupo Leña Verde de Pol) así como no proxecto Trece Lúas organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos gravando gaitas e requintas.

Bruno Villamor, 2019-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES