Notas de prensa

O CeMAC 2019 analizará en Celanova as novas fronteiras do audiovisual galego

A XVI edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, o CeMAC 2019, analizará as novas fronteiras do audiovisual galego do 9 ao 12 de xullo no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova. O tema desta edición, 'Novas fronteiras do audiovisual galego. Talento, industria e internacionalización', supón unha nova achega na liña temática iniciada hai dezaseis anos. Ao abeiro do curso, por décimo ano consecutivo, desenvolverase o Taller Audiovisual "Celanova, plató de ficción", baixo a dirección de Paulino Pérez.

A presentación do curso tivo lugar hoxe no centro cultural "Marcos Valcárcel", acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o presidente da Fundación Carlos Casares, Xavier Casares; o alcalde de Celanova, Antonio Puga; a directora de Dinamización cultural do Campus de Ourense, Ana Torrado, e o director do CeMAC, Miguel Anxo Fernández.

O CeMAC, que promove a Fundación Carlos Casares coa Deputación de Ourense, a Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Celanova e coa colaboración de AGADIC, converteuse "no foro audiovisual de referencia de Galicia, onde especialistas do sector analizan a creación audiovisual en tódalas súas variantes, soportes e formatos, substanciada nunha obra ou nun produto destinado a ser gozado e consumido polos receptores", explicou Rosendo Fernández.

O tema desta edición Novas fronteiras do audiovisual galego. Talento, industria e internacionalización supón unha nova achega na liña temática iniciada hai dezaseis anos. "Trátase dun esquema repartido nas 30 horas de duración do curso que posibilitará ao alumnado acceder aos segredos destas producións, e tamén a que poidan contactar directamente con profesionais do sector", sinalou o director do CeMAC.

O programa desta edición está relacionado coa internacionalización pois "collemos produtos como a serie "Hierro", obra dunha produtora galega para Movistar con mercado internacional; "Feedback", a produción máis recente da da produtora líder en Galicia que foi rodada integramente na Coruña; e "Trote" que é a última película recente estreada en galego. Así como un espazo tamén dedicado ás curtametraxes", explicou Miguel Anxo Fernández.

Ao abeiro do curso, por décimo ano consecutivo, desenvolverase o Taller Audiovisual "Celanova, plató de ficción", baixo a dirección de Paulino Pérez. Esta actividade, dirixida ao alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, ten como obxectivo a produción dunha peza audiovisual nun tempo determinado e cun orzamento pechado. O taller comeza a gravar "uns días antes do CeMAC e desenvolverase ao longo do ano. A webserie deste ano chámase "Destapando Casares" e participan nela 16 alumnos de Comunicación xunto con 7 actores que rodaron no Campus de Ourense", engadiu o director do CeMAC.

Pola súa parte, Ana Torrado manifestou a "satisfacción" da Vicerreitoría do Campus de Ourense de colaborar con esta actividade porque é "unha honra colaborar coa Fundación Carlos Casares na difusión da cultura e contribuír no desenvolvemento da sociedade, sobre todo, a través da comunicación audiovisual que é unha das ferramentas máis efectivas na transmisión de valores. E tamén por poder saír do Campus e achegarnos a toda a provincia".

Neste mesmo sentido, o alcalde de Celanova agradeceu a tódalas institucións que "participen no curso que, desde hai 15 anos, sitúa a Celanova nun lugar referente do mundo audiovisual", mentres que Xavier Casares lembrou o gran interese que tiña Carlos Casares polo cine afirmando que, por iso, "estaría moi satisfeito coa celebración destes cursos".

Deputación de Ourense, 2019-07-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES