Notas de prensa

100 bandas internacionais e máis de 100.000 persoas daranse cita no Resurrection Fest, de Viveiro

Do 3 ao 6 de xullo vaise celebrar en Viveiro o XIV Resurrection Fest, o festival de música metal e rock máis importante de España e un dos máis relevantes de Europa. Para esta celebración a Deputación de Lugo aporta 150.000, e calcúlase que o Resu é capaz de xerar un volume de negocio na provincia de Lugo de máis de 6,6 millóns de euros e de 8,5 en toda Galicia.

O Concello de Viveiro cede os terreos para a organización do festival e pon a disposición dos usuarios o cámping gratuíto en Covas (con servizos de baños, duchas e buses) e o Mirador de San Roque (que tamén conta cunha gran zona de aparcamento). Ademais, este ano, grazas ao acordo de colaboración entre o Concello e o festival, os viveirenses poden participar neste macro evento á metade de prezo, xa que contan co 50% de desconto nas entradas.

María Loureiro García, ao igual que o Presidente da Deputación, Darío Campos, na presentación, lembrou con moito cariño a Melchor Roel “que apostou e impulsou o Resu, facendo posible o que hoxe vemos. Sempre confiou neste festival, que tamén é seu. Hoxe estaría moi orgulloso de ver as dimensións ás que chegou ou a súa repercusión a nivel mundial, poñendo no mapa a Viveiro. Porque o Resu non se entende sen Viveiro e o Concello sen o festival, que forma xa parte da nosa historia”.

100.000 persoas, 40 países e 2.100 empregos

Campos Conde subliñou que “isto non é un gasto senón un investimento para a nosa provincia. O Resu ten todo un recoñecemento mundial. É o mellor festival de rock de España e dos mellores de Europa. Atrae a 100.000 persoas de máis de 40 países e xera uns 2.100 postos de traballo directos e indirecto pois, por exemplo, contrátase persoal de seguridade, produción, iluminación, son, limpeza, atención nas billeteiras e tamén para reforzar o servizo en bares, restaurantes ou hoteis... De feito, os hoteis da Mariña están cheos polo que os efectos do Resu se estenderon á Terra Chá e a Concellos da Coruña”.

12.300 persoas enchen os 4 cámpings

A Alcaldesa destacou que “Viveiro ten unha ocupación hoteleira do 100% durante toda esta semana. Están ocupadas as 2.000 prazas hoteleiras. O mesmo sucede coas 300 prazas do cámping municipal e coas 12.000 prazas dos cámpings da organización (ResuCamp, BeachCamp e o de Covas). Este volume de visitantes contribúe á dinamización económica e promoción turística do noso Concello”. Dende o BeachCamp e o cámping en Covas haberá servizo de transporte. Os buses saíran sempre que haxa concertos, uns minutos antes de que comecen as actuacións.

4 escenarios e 100 bandas para todos os públicos

Iván Méndez Rodríguez explicou que “este ano, contamos cun recinto máis amplo e máis servizos. O cartel é moi variado, ambicioso e para todos os públicos. Haberá 4 escenarios temáticos e 100 bandas. Poderemos ver lendas da música como Slipknot, Slayer, ParkwayDrive, KingDiamond, WithinTemptation, LambofGod, Gojira, ArchEnemy, Trivium, Testament, MIllencolin, Cradleoffilth, Kvelertak, Culto of Luna, WhileSheSleeps, Converge, TheAdicts, Ignite, Avatar, BerriTxarrake moitos máis”.

Campaña de sensibilización

Loureiro destacou que “dende o Concello de Viveiro, e dentro da nosa defensa dos dereitos das mulleres, promovemos unha campaña para evitar agresións sexistas no Resu, coa instalación dun punto de atención lila, así como con labores de información e concienciación aos visitantes. De feito, haberá voluntarios que percorrerán o recinto repartindo dípticos informativos e facéndose visibles para evitar calquera tipo de agresión que se poida producir. Facémolo como medida preventiva pois nestes 13 anos non houbo ningunha denuncia por agresión sexual”.

R., 2019-06-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES