
Só poderá admirarse o sábado, 29 de xuño e coa Torre de Hércules como escenario privilexiado. Baixo o nome Luz e Son de Hércules as paredes do monumento servirán de gran pantalla de 36 metros de alto para o espectáculo audiovisual exclusivo que se celebrará como remate do programa do X Aniversario do monumento como Patrimonio da Humanidade, nunha iniciativa organizada polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña.
A proxección, que comezará ás 23.00 horas, constitúe o punto central dun amplo programa de actividades, será levada a cabo pola empresa Acciona Producciones y Deseño (APD), que ofrecerá nun espectáculo tridimensional o diálogo entre a Torre de Hércules e un vello mariñeiro que actúa como narrador, e traza un fÃo argumental cronolóxico que pon en valor a historia e a mitoloxÃa que rodea ao monumento.
Neste sentido, o director da Torre de Hércules, Alejandro de Arce, sinalou que a Torre de Hércules “foi, é, e será luz, que nos mostrará a súa identidade a través das novas tecnoloxÃas de proxección dixital, á altura dos eventos culturais máis importantes do mundo”. A historia recolle episodios como a batalla entre Hércules e Gerión, as grandes rutas atlánticas dos navegantes, e a Torre como testemuña e emblema da cidade e rematará no presente para poñer o foco nunha cidade cosmopolita e moderna que se proxecta cara ao futuro. “É un espectáculo que xamais se repetirá e ao que todos, cidadáns e visitantes da Coruña están convidados”, sinalou de Arce.
O espectáculo empregará a técnica do mapping, que consiste en proxectar imaxes sobre superficies reais. AsÃ, a Torre de Hércules converterase nunha xigantesca pantalla de proxección de 36 metros de alto e 24 metros de ancho, ao proxectarse sobre dúas caras da Torre, cada unha de 12 metros de ancho. Os recursos visuais adaptaranse á arquitectura do monumento, potenciando ao longo das secuencias a súa peculiar morfoloxÃa mediante 9 proxectores de 22.000 lúmenes cada un. Ademais, contará cuns 24.000 vatios de potencia de son distribuÃdos en 2 puntos de audio e cunha banda sonora composta especificamente para o espectáculo, adaptada ao ritmo narrativo e á locución.
A empresa responsable apunta que o evento será neutro en carbono, cunhas emisións de CO2 calculadas e vinculadas ao mesmo, que serán compensadas nun proxecto de enerxÃa limpa, conseguindo con iso que o balance final de emisións sexa igual a cero.
Broche do programa do X Aniversario
O espectáculo Luz e Son de Hércules enlazarase co concerto exclusivo Achégate a min, de Mercedes Peón, que comezará ás 21.30 horas. Deseñado pola artista en exclusiva para esta contorna e esta data, o concerto está pensado como unha expansión artÃstica electrónica e conceptual nese espazo a través da Torre.
Peón sinalou que esta proposta é unha “chamada sonora, vocal e electrónica de vangarda desde o catro puntos cardinales da rosa dos ventos”. No concerto, que tamén será de entrada libre, participarán Mónica de Nut e Ana GarcÃa, as voces lÃricas de Laura González, Laura Garrido e Yolanda Alleges, e coa proposta escénica de Laura Iturralde.
Durante toda a xornada do sábado na contorna da Torre sucederanse distintas actividades para todos os públicos como exposicións, visitas guiadas e talleres infantÃs gratuÃtos pero con inscrición en talleresinfantilescoruna@gmail.com asà como campamentos romanos e teatro.
O 60,66% dos 877 ciclos de Formación Profesional de réxime ordinario para o próximo curso en Galicia complétanse na primeira adxudicación de prazas pechada pola ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP, e que dá dereito a matrÃcula. Segundo os datos recabados, un total de 57.118 persoas presentaron solicitude para cursar algunha modalidade de Formación Profesional, o que representa un incremento de preto do 2% (1.069 solicitudes máis) con respecto ao curso 2025-26, o que confirma, un ano máis, o interese que espertan estas ensinanzas entre os cidadáns en Galicia. O maior número de solicitudes rexÃstranse nos ciclos superiores da modalidade ordinaria, con 15.893 solicitudes, 643 máis (un 4,22% de incremento) que o curso pasado.
O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga 2026) afronta a súa vindeira campaña coa maior dotación económica da súa historia, alcanzando un total de 213 millóns de euros (un 18 % máis que o ano anterior). Non obstante, alén do esforzo orzamentario en persoal e infraestruturas, o deseño estratéxico para este ano destaca pola integración de tecnoloxÃa de vangarda e ferramentas de participación cidadá dirixidas a optimizar a detección temperá e a capacidade de resposta operativa no monte.