Notas de prensa

Santiago é a sede estes días da Conferencia anual da Asociación internacional de Estudos Rexionais

No encontro debátese sobre economía global, comercio, fluxos financeiros e políticas de desenvolvemento rexional, pero tamén sobre cuestións candentes na actualidade como nacionalismo xeopolítico, federalismo e rexionalismo, economía da identidade, fronteiras e cooperación transfronteiriza. Ademais, preséntanse comunicacións sobre benestar, habitabilidade, vulnerabilidade, resistencia, sustentabilidade, cambio climático, medio ambiente e enerxía.

Medio milleiro de especialistas en Ciencia Rexional de todo mundo reúnense estes días na Facultade de Xeografía e Historia da USC para asistir á Conferencia Anual da Regional Studies Association, que esta mañá inauguraron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o vicerreitor de Investigación, Vicente Pérez.

A organización local coordínaa María José Piñeira Mantiñán, do Grupo de Investigación ANTE (USC), para quen esta cita científica supón “unha oportunidade de contacto, colaboración e traballo conxunto co obxectivo de empuxar as rexións máis alá dos seus límites, que poden ser entendidos como físicos, pero tamén como mentais e disciplinares”.

No encontro debátese sobre economía global, comercio, fluxos financeiros e políticas de desenvolvemento rexional, pero tamén sobre cuestións candentes na actualidade como nacionalismo xeopolítico, federalismo e rexionalismo, economía da identidade, fronteiras e cooperación transfronteiriza. Ademais, preséntanse comunicacións sobre benestar, habitabilidade, vulnerabilidade, resistencia, sustentabilidade, cambio climático, medio ambiente e enerxía desde unha perspectiva rexional.

O Grupo de Investigación ANTE (Análise Territorial) que organiza a Conferencia está formado por xeógrafos, economistas, historiadores e arquitectos e ten o recoñecemento de Grupo de Excelencia Investigadora polo seu dinamismo e o seu programa de internacionalización, ademais de pola súa ampla experiencia en xestión e difusión de I+D e na organización de congresos internacionais.

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-06-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES