
No marco desta visita, aproveitaron para coñecer os espazos que poñen en valor o patrimonio marítimo en Cádiz, como o Centro de Interpretación de Cetáceos de Tarifa, o Museo de Atún de Barbate e o espazo expositivo da lonxa de Barbate. Así mesmo, explicaron os obxectivos de REMA, as vantaxes de pertenza a esta rede e expuxeron os avances realizados ata o momento.
Unha rede museística en crecemento
A Rede de Espazos Museísticos Atlánticos forma parte de Morada Atlántica, un proxecto de cooperación promovido polos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia. REMA pretende fortalecer os lazos de unión entre os espazos que divulgan a cultura e o patrimonio marítimo e fomentar o intercambio de coñecemento entre os mesmos. Neste momento o prazo de recepción de novas solicitudes de adhesión está aberto e pecharase o vindeiro 30 de xuño.
Na actualidade, REMA atópase constituída por quince espazos galegos e un museo portugués indubidablemente unidos á tradición mariñeira das localidades nas que se atopan: Arquivo da Pesca de Caión, Museo do Mar de Laxe, Museo Man de Camelle, Pozo do Cachón, Ecomuseo Forno do Forte, Museo da Pesca de Fisterra, Fábrica de Sel, Museo Marea Porto do Son, Acuario do Grove, Casa da Navegación de Baiona, Centro de Interpretación do Caldoval, Torre de Hércules, Museo ANFACO da Industria Conserveira, Museo de Historia Natural de Ferrol, Museo Mares de Cedeira e Museu Marítimo de Ílhavo.
O proxecto Morada Atlántica foi aprobado pola Consellería do Mar e está financiado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.