
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destacou que “esta terceira edición supón un orgullo para Ourense, porque confirma que é a única cidade que pode presumir dun ciclo dedicado ao piano nas súas rúas, e porque será unha edición máis ambiciosa na que apostamos por chegar a máis público”.
AsÃ, salientou que o reto de captar novos espectadores contará cunha baza excepcional: o concerto conxunto que ofrecerán o pianista Javier Otero e o cantautor ferrolán Andrés Suárez, quen se desprazou expresamente a Ourense para esta presentación. Ambos interpretaron un tema conxunto que serviu como aperitivo para o concerto do dÃa 28 de setembro.
Durante a súa intervención, o rexedor agradeceu a colaboración da Xunta de Galicia, representada a través da xefa territorial de Cultura, Sandra Quintas; e da empresa Viaqua, representada polo seu director en Galicia, Julio Masid, pola súa aposta decidida pola Cultura.
A Praza Maior de Ourense foi o escenario escollido para dar a coñecer a vindeira edición do Piano Meeting, que nesta terceira edición tamén apostará pola formación dos seus participantes.
Neste sentido destaca a realización de dous obradoiros. Un deles para achegarse á música contemporánea, que será impartido polo mestre do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Nicasio Gradaille. O outro, será de iniciación ao Jazz e estará impartido polo pianista Abe Rábade.
Ambos músicos impartirán unha masterclass colectiva para os pianistas elixidos no concurso, tanto polo xurado profesional coma polo público.
Sen embargo a principal aposta será o concerto do pianista estradense Javier Otero, e de Andrés Suárez, músico que comezou coa súa carreira na rúa e que se suma a vivir a experiencia de interpretar os seus temas acompañado dun piano. Dado o seu poder de convocatoria, este concerto axudará a achegar este tipo de música a un público diferente menos familiarizado co piano.
Andrés Suárez
Andrés Suárez é un cantautor de Ferrol, cuxa constancia e talento levouno a pasar de tocar como músico de rúa, que interpretaba as súas composicións no Metro de Madrid a encher ate a bandeira escenarios emblemáticos como o Palacio Vistalegre ou o Wizink Center de Madrid.
Autor de 4 discos longos e un EP, está considerado como un dos artistas máis queridos polo público, que esgota as entradas nos seus concertos, xa sexa nun teatro ou no antigo palacio dos deportes da capital, segundo opte polo seu lado Ãntimo ou a súa vertente de grande banda de rock.
Concurso para pianistas profesionais
O Piano Meeting terá lugar nun só dÃa, pero será un acontecemento inesquecible: 4 pianos (nas Burgas, no Parque de San Lázaro, no XardÃn do PosÃo e na praza Maior) e un mÃnimo de 60 pianistas farán que soe a música sen descanso durante un dÃa, rematando cun gran concerto final precisamente na Praza Maior.
Xa dentro do que ven sendo habitual no festival Piano Meeting, haberá un concurso para pianistas profesionais. Un xurado profesional elixirá a 10 concursantes como finalistas para tocar o dÃa do festival. Outros 10 serán elixidos por un xurado popular, vÃa redes sociais, e terán un espazo reservado para a súa actuación dentro da programación do festival.
O concurso conta cun premio en metálico de 1.000 euros para o primeiro finalista, e un de 500 para o segundo. O concurso xa está aberto.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.