
A cantautora arzuá MJ Pérez ofrecerá este xoves 25 de abril, a partir das 21.00 horas, no Vello Cárcere de Lugo, un concerto no que interpretará temas do seu terceiro e último traballo, Casandra , no marco do ciclo Lubicán, un programa impulsado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan con achegas orzamentarias a USC, Concello e Deputación de Lugo. O concerto é de acceso libre e de balde para todo o público interesado ata completar o aforo.
MJ Pérez, que estará acompañada da súa banda na súa actuación na capital luguesa, acumula tres discos producidos, aínda que Casandra constitúe o seu primeiro traballo de estudio. Nesta nova entrega musical, MJ Pérez conta coa colaboración da súa banda, pero tamén inclúe outras achegas especiais, como son Paco Cerdeira, Richi Casás, Ailén ou o zanfonista de Vilalba Martiño Cabarcos.
A artista, que tamén achegará ao público lugués outras temas do seu cada vez máis amplo repertorio, supera ano tras ano novas metas na súa traxectoria. En 2016, acadou un segundo posto no VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña; en 2017 gañou o Xuventude Crea; xa en 2018 foi semifinalista dos Premios MIN da Música Independente e finalista dos Premios aRitmar Galiza e Portugal.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.