
Pilar García Porto presentou o novo folleto ilustrado adicado a Seoane que está a disposición de todos os visitantes do Museo Provincial, e que conten información ampla e detallada elaborada polo departamento de Belas Artes da Deputación sobre este artista, ao que este ano se lle adica o Día das Artes Galegas 2019.
O Museo Provincial conserva un, o nº66, dos 170 exemplares asinados e numerados do álbum Insectario, 15 gravados en madeira de Luís Seoane que editados por Tres, Catorce, Diecisiete en 1975. As 15 xilografías que formaron parte do álbum están enmarcadas individualmente e exhíbense como colección na Sala 24. O resto da publicación, cubertas e textos, consérvase na biblioteca do museo. Ademais do álbum Insectario, o museo posúe outras 3 obras de Seoane, unha paisaxe e dous retratos, que se conservan na área de reserva destinada aos fondos de Belas Artes.
Un dos principais artistas contemporáneos de Galicia
A colección do museo é unha pequena mostra da diversa e extensa actividade creativa e profesional de Luís Seoane (Bos Aires 1910 A Coruña 1979). A súa inaudita capacidade de traballo levouno a explorar con éxito o terreo da pintura, o debuxo e o gravado; o muralismo, a ilustración, o deseño, a escenografía, o xornalismo, a crítica de arte, a comunicación (Galicia emigrante, emisións radiofónicas desde Bos Aires de 1954 a 1971...). Sen esquecer a súa achega ao mundo empresarial, sirva de exemplo a creación xunto a Isaac Díaz Pardo do Laboratorio de Formas de Galicia para potenciar o deseño editorial e industrial galego así como a refundación da Fábrica de Cerámica de Sargadelos e a creación do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada. Seoane é considerado un dos principais artistas contemporáneos de Galicia.
Exposición
García Porto lembrou que no mes de maio e ata finais de xuño, a Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acollerá unha mostra de Maruxa Seoane. Este mesmo espazo albergou o ano pasado a mostra Deseño e Diferenza, de Luís Seoane. Unha colección que recollía unha selección de pezas con óleos, gravado, parte editorial e a cerámica do protagonista da linguaxe sargadeliana. A mostra, exhibiuse coincidindo co 50 Aniversario da Planta Circular de Sargadelos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.