
Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello a presentación do certame, na que participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, xunto con Eduardo Rodríguez, responsable de Café Latino e Marco Vázquez, da Fundación Florencio Álvarez.
Será unha edición con ampla presenza de jazz flamenco, da man de Diego Amador, ou dos tríos formados por Antonio Serrano, Josemi Carmona e Javier Colina, así como por este último acompañado por El Bola e Bandolero: un ano máis actuarán en Ourense recoñecidas figuras do jazz internacional, coma os saxofonistas Benny Golson e Charles McPherson, o trío que forma Dean Brown con Dennins Chambers e Hadrien Feraud, ou pianista Benny Green, unha figura emerxente como é a pianista e vocalista Sarah McKenzie, e músicos galegos da talla de Pablo Castaño, Víctor Prieto e Abe Rábade. Todos eles actuarán no Café Latino e as entradas se poderán adquirir desta tarde no propio local.
O certame terá unha das súas citas estelares o venres 3 de maio, cun concerto ao aire libre que ofrecerán The Blues Giants na praza de Santa Eufemia. Unha formación integrada por un elenco de estrelas dentro do mundo do blues; Jimi Bott, Willie Campbell, Sugaray Rayford, Albert Castiglia e Nick Schnebelen, que de seguro fará as delicias dos aficionados a este estilo e amantes da música en xeral.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, salientou a importancia do Festival de jazz de Primavera de Ourense: unha cita ineludible do panorama musical español que -dixo- lle achega á cidade un valor engadido. É evidente que temos un festival de jazz que para si quixeran en moitas cidades. E o que é máis importante: temos un certame consolidado e sólido que cada ano enche de talento a nosa cidade e proxecta a Ourense cara ao exterior, subliñou.
Neste sendo, manifestou: Ourense ten un potencial cultural inmenso que debemos apoiar de xeito firme e decidido. Facémolo aunando a iniciativa privada, xerme deste festival, coa colaboración institucional, e así apostamos pola música como motor cultural, turístico... en definitiva, a música como motor económico, asegurou Jesús Vázquez, quen felicitou o excelente traballo da organización deste festival por parte de Café Latino e Fundación Florencio Álvarez, xunto co Concello.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.