Notas de prensa

Trece Concellos participarán en 'Tecendo Soños', un proxecto de recuperación e divulgación do canto de arrolar

Trece Concellos das comarcas do Barbanza e Santiago participarán nos próximos meses en “Tecendo Soños”, un proxecto de recuperación e divulgación do canto de arrolar dirixido pola soprano noiesa Esperanza Mara. Unha iniciativa que nace co patrocinio dos Concellos de Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, Rianxo, Ribeira e Rois, e coa colaboración dos Concellos de A Pobra do Caramiñal e Porto do Son.

Esperanza Mara, directora de EmanArte, explicou que este proxecto consta de dúas partes: un estudo musicolóxico e un CD. “O primeiro é o traballo de campo, que se concentrará en pequenas entrevistas e que se presentarán en formato dixital e en formato de vídeo e audio. Penso que a forma de difusión máis axeitada no século XXI é a través de pequenos vídeos onde ver os costumes, os cantos e tamén para visibilizar ás informantes, pois é importante que se coñeza a quen achega toda esta sabedoría. E isto dará pé a artigos de investigación”, puntualizou Esperanza Mara.

A directora de EmanArte indicou que a gran innovación do proxecto “Tecendo Soños” consiste en que “os cantos de arrolar son moi pequenos, de catro versos como moito. Por iso incluín colaboradores poetas que os alongarán para que despois unha serie de compositores poidan compoñer con distintas formacións instrumentais e distintos estilos”. Neste sentido, Esperanza Mara explicou que a idea do proxecto xurdiu porque “tiven a sorte de entrevistar a señoras en Portugal sobre o canto da Verónica. E decateime de que encontraba formas moi distintas e que elas choraban cando dicían que non había ninguén, nin fillas, nin netas, que quixera aprendelo. Iso, xunto co nacemento da miña filla hai dous anos, que fixo que me dera conta de que non sabía cantarlle ningún canto de arrolar en galego, é onde naceu a semente deste proxecto”.

Colaboración con ASGPOH

A colaboración dos Concellos participantes concretarase a través da compara de CD, concertos (en familia, acústicos ou ao aire libre), obradoiros e contacontos. O 10% do recadado coa venda de CD será doado á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH), organización sen ánimo de lucro nacida para dar a coñecer e investigar esta enfermidade ultrarrara. Así mesmo, o proxecto conta coa colaboración de Barbantia, especialmente na primeira fase de contacto coas persoas informantes.

Esperanza Mara estivo arroupada na presentación por gran cantidade de alcaldes, alcaldesas, concelleiros/as e técnicos/as dos municipios participantes, que coincidiron en aplaudir o traballo de posta en valor do patrimonio cultural oral que vai levar a cabo “Tecendo Soños”. Así, o alcalde de Noia, Santiago Freire, salientou que “todo traballo de recollida e que evite que se perdan estes cantos e, en xeral, as nosas tradicións culturais teñen que ser benvidos”, destacando o traballo levado a cabo dende a Concellería de Cultura, cuxo titular, José Pérez, tamén asistiu á presentación.

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais, apuntou que “o centro escolar Cernadas de Castro xa está colaborando e está recollendo cancións de berce porque en Lousame temos a intención de recoller o patrimonio inmaterial, porque se perde moita información que é irrecuperable. Por iso é fundamental que haxa iniciativas coma esta, para que non se perda máis do que xa se perdeu”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Muros, María Xosé Alfonso, agradeceu a Esperanza Mara por “dar opción ás mulleres de recordar e de manter a súa tradición e a súa historia”, destacando que este proxecto “virá ben para completar outro que temos en marcha no Concello de Muros a través do proxecto Apego”. O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, aplaudiu esta iniciativa xa que “a cultura non é só monetarizala, é recuperar uns valores que temos”. Finalmente, a concelleira de Cultura de Rianxo, Raquel García Abuín, apuntou que “como non iamos estar coa gran participación de músicos de Rianxo que hai no proxecto”, animando aos presentes “a seguir recuperando o que estamos a un tris de perder”.

No acto tamén participaron o presidente da Asociación Cultural Barbantia, Manuel Cartea; concelleiros/as e técnicos/as municipais dos Concellos de Brión, Lousame, Noia, Outes, Porto do Son e Rois; músicos como Xosé Carlos Seráns; e artistas como Veiras Manteiga, entre outros/as.

Tecendo Soños, 2019-03-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES