
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada hoxe as bases reguladoras do concurso de longametraxes da 24ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), que foron elaboradas conxuntamente polos servizos provinciais e a Fundación Carlos Velo. Así o informou o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, quen deu conta hoxe dos acordos adoptados pola dita Xunta, correspondentes ao venres 22 de marzo de 2019.
As películas que se presenten ao certame deberán cumprir unha serie de requirimentos: deberán estar producidas en 2018 ou 2019, poden ser de ficción, animación ou documentais e deben ter unha duración superior aos 60 minutos, pero non poderán terse exhibido nin editado comercialmente en España en salas públicas (agás en festivais), televisión, dvd ou vídeo, antes do 27 de setembro de 2019. Tampouco en internet con acceso libre en España.
Os interesados en participar poderán inscribir as películas na sección oficial do festival de xeito gratuíto e a través das seguintes canles: nas plataformas online Festhome.com e clickforfestivals.com; na páxina web do festival (www.ouff.org) ou envialas fisicamente en DVD ou Blue Ray á dirección do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF2019), no Centro Cultural Marcos Valcárcel (rúa Progreso, 30. 32003 Ourense). O prazo de recepción de películas rematará o día 15 de agosto de 2019 e a dirección do festival resérvase o dereito de poder seleccionar títulos que cheguen fóra de prazo.
Unha comisión nomeada pola organización será a encargada de invitar ás películas que competirán na sección oficial do certame. Os premios da competición oficial de longametraxes serán outorgados por un xurado, designado pola organización entre profesionais do mundo cinematográfico, audiovisual, medios de comunicación e cultura. O xurado non poderá declarar deserto ningún premio nin concedelo Ex Aequo, pero poderá conceder as mencións especiais, que non teñen dotación económica, que considere oportunas. Así mesmo, o xurado poderá outorgar excepcionalmente unha única vez dous premios a unha mesma película.
Nesta 24ª edición do OUFF as contías dos premios experimentaron un importante incremento superando o 300%, deste modo os galardóns que concede o xurado son os seguintes: o Calpurnia á mellor película, que pasa, por exemplo, de ter unha dotación económica de 5.000 euros aos 18.000 euros, o premio Carlos Velo á mellor dirección cunha dotación económica de 4.000 euros, o premio especial do xurado dotado con 2.000 euros, e como novidade, créanse outros dous premios que serán concedidos ao mellor guión e á mellor interpretación, ambos dotados con 2.000 euros.
Así mesmo, a organización do festival concederá tamén outros dous premios máis que son o premio Galicia dotado con 5.000 euros para a mellor obra con produción ou coprodución galega de todo o festival, e o premio instaurado por primeira vez no OUFF, o premio Especial Eduardo Barreiros cunha dotación económica de 2.000 euros que será concedido á mellor opera prima do cinema español estreada entre setembro de 2018 e setembro de 2019. E, por último, atópase o premio que concede o público, que ascende aos 3.000 euros, e que será para o filme da competición que obteña unha maior puntuación ponderada en función dos votos emitidos polos espectadores tralas proxeccións.
Os gañadores de tódolos premios recibirán un trofeo representativo do festival. Para isto será imprescindible que o premiado ou alguén que o represente estea presente na cerimonia de clausura do Festival de Cine. A convocatoria deste premio publicarase no BOP e na sede electrónica da Deputación de Ourense.
Por último, en materia de cooperación, a Xunta de Goberno aprobou a expropiación forzosa para a execución da obra de acondicionamento e mellora da estrada provincial OU-0206 Verea O Furriolo, no termo municipal de Verea.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.