
Ademais, este ano como novidade e gran atractivo- a asociación instalará na rúa Irmandiños unha estrutura feita con material reciclado que ambientará e dará cor a unha das zonas máis festeiras de Vigo.
Dende o colectivo explican: o noso lema fai lembranza ás nosas avoas, esas bravas que loitan cada día na súa casa, no campo, coa súa familia
Elas que sufriron a opresión máis crúa e que, aínda así, convertéronse nas nosas referentes de empoderamento. Son o underground da esfera familiar, coas que a maioría medramos e aprendemos a loitar.
As bandas que actuarán esta fin de semana no barrio de Irmandiños van ser Cheap Lipstick e Serpiente o venres na Sala Doppler a partir das 22.30 horas e Decibélicas o sábado na Sala Kominsky, tamén a partir das 22.30 horas. Unha vez rematados os concertos cada sala acollerá cadansúa sesión Dj para rematar a noite. O venres será Seilaesencia a encargada de facer quecer o corpo, e Lakenobaila deleitaranos o sábado con ritmos do garaxe, do rock, do punk e tamén da electrónica.
A tarde do sábado estará amenizada cun mercadiño de artistas de diferentes eidos como o deseño, a ilustración, o fanzine e a artesanía. Ás 17.00 horas dara comezo unha mesa redonda coas bandas do festival máis unha banda invitada, Heroínas, referentes da cultura punk rock de Galicia, onde debatirán acerca da figura da muller dentro do punk e, en palabras das organizadoras de todo o que queda por sachar nesta leira. Para rematar a tarde, haberá obradoiros para toda a familia, nos que os e as asistentes poderán aprender a reciclar todo o que atopen na rúa para darlle forma e convertilo en materiais decorativos, engadindo máis personalidade á instalación que xa estará pendurada na rúa. Ademais, o colectivo de artistas circenses, Malas Llamas, impartirá un obradoiro de malabares para logo ofrecer unha demostración do seu espectáculo ás 21.30 horas, cando caia o Sol.
Cómpre facer fincapé en que a asociación feminista 85C fai todo sen ánimo de lucro e que todo o diñeiro conseguido no festival reinvertirase na súa labor de promoción e visivilización de mulleres artistas. O obxectivo fundamental para elas é crear conciencia da falta de presenza de mulleres nos festivais, concertos, exposicións, teatros e, en definitiva, na escena pública.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.