Valle-Inclán, Bernardo Atxaga, Marta Pessarodona, Kerstin Hensel e Zéno Bianu acaban de incorporar a súa obra ao Xardín das pedras que falan, unha colaboración entre a USC e o Concello de Santiago localizada a carón do Colexio de Fonseca. Por cada un dos novos autores/as descubriuse unha pedra cun breve fragmento da súa autoría que pasarán agora a conformar unha espiral de palabras iniciada a mediados do pasado ano con Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza. De forma progresiva, iranse incorporando diferentes rochas ata alcanzar un total de 40.
No acto deste luns 18 participaron ademais do reitor Antonio López Díaz e do alcalde Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; os escritores Zéno Bianu e Bernardo Atxaga; Xaquín Valle-Inclán, o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán; e o promotor do proxecto, o escritor Suso de Toro.
O reitor Antonio López mostrouse satisfeito coas novas cinco incorporacións do Xardín, unha brillante iniciativa que agora enriquece o seu legado e amplía o abano de linguas presentes co catalán, vasco, francés e castelán. Agardamos engadiu o reitor- que estas verbas nos sigan falando ao corazón de aquí para adiante.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.