Notas de prensa

O IGADI organiza as xornadas "Acción Exterior e Imaxe global de cidades" no Concello da Coruña o próximo 21 de marzo

A natureza dos municipios e do goberno local mudou de maneira moi significativa nos últimos trinta anos, tanto a nivel galego coma global estas mudanzas son produto da rapidísima urbanización, a descentralización política-admtva e a multiplicación das interdependencias globais. Este novo escenario configura as cidades actuais coma figuras concretas no marco histórico da globalización e a explosión das Tics.

A natureza dos municipios e do goberno local mudou de maneira moi significativa nos últimos trinta anos, tanto a nivel galego coma global estas mudanzas son produto da rapidísima urbanización, a descentralización política-admtva e a multiplicación das interdependencias globais (da liberalización económica ao cambio climático). Este novo escenario configura as cidades actuais coma figuras concretas no marco histórico da globalización e a explosión das Tics (tecnoloxías da información e a comunicación), situándoas coma centros de poder político, económico, cultural e simbólico.

As cidades dos nosos días desenvólvense froito da súa capacidade de aglomeración e concentración de persoas, servizos, empresas, talento e conectividade global; xa sexa por medio de infraestruturas físicas, dixitais e se callar máis importantes, as relacionais. Estes novo escenario deu por impulsar a necesidade da acción exterior municipal coma unha dimensión máis dos gobernos locais, situándonos nun cambio de paradigma dos modelos de xestión do goberno local en todo o mundo. Nun planeta onde todas vivimos interconectadas, os territorios precisan conectarse ao internacional de maneira consciente, coma parte central do modelo e a marca da cidade e a imaxe global a proxectar.

Nas Xornadas do próximo 21 de marzo organizadas desde o Consorcio de Turismo (Concello da Coruña) achegarémonos a este fenómeno, partindo do estado da cuestión en Galicia, no contexto aberto pola Estratexia Galega de Acción Exterior, impulsada pola Xunta de Galicia e o estudo elaborado polo IGADI para o Concello da Coruña, -Bases de Acción Exterior da cidade da Coruña. Ademais contaremos cun panel central de Andoni Aldekoa, referente internacional do concepto de –cidades globais, axentes da sociedade civil da Coruña relevantes na súa internacionalización e a experiencia das cidades de Bilbao, Xixón e Barcelona.

Pódese inscribir por medio dun correo electrónico a info@igadi.org indicando nomes e apelidos. O IGADI emitirá un certificado de asistencia ás persoas inscritas que o soliciten.

PROGRAMA

10:30 Recepción participantes.

10:45 Presentación institucional das Xornadas.
Xulio Ferreiro, Alcalde da Coruña.

11:15 Panel inicial. Da Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) á paradiplomacia local galega: as BAEX A Coruña 2018-2021.
Daniel González Palau (Director do IGADI. Foi Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entre 2011 e 2015, no 2009 publicara “Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local”)
Presenta e modera: Lanzada Calatayud. Xerenta do Consorcio de Turismo.

12:00 Panel central. A internacionalización das cidades intermedias e a narrativa global urbana.
Andoni Aldekoa. Director xeral de Euskalduna Bilbao Centre e profesor visitante, entre outras, da George Washington University, a Universidade Pontificia Comillas ICAI-ICADE e a Universidade de Deusto. Foi Conselleiro delegado do Concello de Bilbao.
Presenta e modera: Lanzada Calatayud. Xerenta do Consorcio de Turismo.

13:30 Fin da sesión da mañá e xantar de traballo.

15:30 Mesa de Actores locais para a internacionalización do territorio: Que achegamos ao territorio e como presentamos A Coruña ao mundo?
Carlos Rodríguez. Director da Escola de Turismo da Universidade da Coruña.
Pablo López Blanco. Xefe de servizo de internacional da Cámara de Comercio da Coruña.
Eugenia Díaz, técnica superior de Relacións Internacionais na Universidade da Coruña
Maika Beltrán. Delegada de Intermon Oxfam e representante Grupo Norte da Coordinadora Galega de ONGD.
Presenta e modera: Alberto Lema Suárez. Presidente do Consorcio de Turismo. Concelleiro de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña.

16:45 Mesa redonda de cidades: Como organizamos a acción exterior?
J.Manuel Blanco. Subdirector Analise e Programación. DX Relacións Exteriores. Xunta de Galicia.
Estíbaliz Luengo Celaya. Directora de Bilbao Internacional, Concello de Bilbao.
Enrique Rodríguez Martín. Xefe do Departamento de Iniciativas Internacionais, Concello de Xixón.
David Llistar. Director do Departamento de Cooperación Internacional e Xustiza global, Concello de Barcelona.
Presenta e modera: Daniel González Palau (Director do IGADI. Foi Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entre 2011 e 2015, no 2009 publicara “Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local”)

18:00 Clausura. Alberto Lema Suárez. Presidente do Consorcio de Turismo. Concelleiro de Emprego e Economía Social do Concello da Coruña.

Igadi, 2019-03-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES