Notas de prensa

Manuel Guisande presenta un novo libro sobre como son os galegos

O escritor e xornalista Manuel Guisande presentará este xoves 13, ás 20 h, no semisótano restaurante do Corte inglés da Coruña, a segunda parte do libro 'Cómo somos os galegos?, depende', un total de cincuentas relatos humorísticos sobre o galego. O acto correrá a cargo do xornalista radiofónico Pablo Portables e durante o mesmo, Guisande preparou unha sorpresa surrealista para os asistentes á que denomina Romaría urbana.

Guisande, tras indicar que este segundo volume «non é unha continuación do primeiro, xa que todos os relatos son independentes», dixo que pretende pechar «o círculo de como é o galego; un tipo cunha intelixencia natural fóra do normal, cunha filosofía de vida e unha forma de pensar que é alucinante».

Neste sentido dixo que saber como é un galego «é bastante complicado; se falas cunha persoa e non a entendes, entón é galega, porque ao galego non se lle entende, interprétaselle, que é moi distinto. No fondo -engadiu- o galego, sen el sabelo, é un ácrata, un antisistema, necesita o xusto para vivir e non quere máis».

Manuel Guisande, 2018-12-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES