Notas de prensa

Entregados na Cidade da Cultura de Galicia os galardóns do programa 'Xuventude Crea 2018'

Xuventude Crea está composto por trece disciplinas: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, grafitti, moda, música, poesía, relato breve, skate, teatro e videocreación. Ao respecto, cómpre destacar que este ano, como novidade, incluíuse ao programa a modalidade de skate, recentemente declarado deporte olímpico.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, puxo en valor o talento e a creatividade da mocidade galega na gala de entrega de premios de Xuventude Crea, que se celebrou esta tarde na Cidade da Cultura de Galicia.

Fabiola García felicitou a todos os participantes polos seus proxectos e instounos a continuar as súas talentosas carreiras artísticas, pois “sodes a demostración de que a creatividade galega ten un gran presente e un brillante futuro”, apuntou. Neste sentido, destacou que o éxito desta iniciativa “é o noso xeito de recordarlle ao mundo que Galicia ten unha canteira de artistas privilexiada”.

Ademais, a conselleira de Política Social ratificou o compromiso do Goberno galego coa mocidade. Un feito que se plasma na posta en marcha de programas como este, pois salientou que apoiar a creatividade “é unha das cousas máis fermosas que pode facer calquera goberno comprometido co futuro do seu país”.

à edición deste ano presentáronse 257 proxectos individuais ou colectivos autoría de 357 participantes entre os 16 e os 30 anos de idade. Finalmente resultaron premiados 53 traballos, correspondentes a 93 mozos e mozas. Os galardoados nestas especialidades recibiron aos seguintes premios: 3.000 euros para os primeiros gañadores; 1.500 euros para os segundos; e 1.000 euros para os terceiros. Tamén se outorgaron mencións de honra, sen dotación económica.

Xuventude Crea está composto por trece disciplinas: artes plásticas, banda deseñada, cociña, deseño de xoias, fotografía, grafitti, moda, música, poesía, relato breve, skate, teatro e videocreación. Ao respecto, cómpre destacar que este ano, como novidade, incluíuse ao programa a modalidade de skate, recentemente declarado deporte olímpico.

Xuventude Crea 2018, 2018-12-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES