
Malia que poucas profesións son polo de agora totalmente automatizables, cando menos un 30% das actividades desempeñadas actualmente no 60 % dos traballos si o son. No caso concreto de España, preto da metade das horas laborables poderíanse automatizar, segundo un informe a consultora McKinsey. A tendencia actual apunta a que os seres humanos somos cada vez máis prescindibles, e os seus traballos poderían ser tecnicamente sustituibles por máquinas intelixentes, dotadas da capacidade de aprender por si mesmas. Perante estas cifras, aparentemente pouco halagüeñas, xorden voces que acusan á dixitalización da economía de ser unha eiva para os traballadores, cuxos empregos poderían verse ameazados de non adaptaren os seus coñecementos e habilidades ao novo escenario económico e social; pola contra, outras ven nesta transformación unha oportunidade para crear un novo paradigma, no que Intelixencia artificial e Automatización contribuirían a crear unha sociedade máis xusta, onde as persoas e as máquinas traballen en equipo acometendo as tarefas que cada grupo poida realizar de forma máis eficiente.
Co obxectivo de alumear e estimular o debate ao redor da Intelixencia Artificial, o investigador do Massachusetts Institute of Technology (MIT) Seth Benzell impartirá o vindeiro venres 14 de decembro no salón de actos do CiTIUS a conferencia New technologies and the economy: challenges for workers, managers, investors, and governments (Novas tecnoloxías e economía: retos para os traballadores, xestores, investidores e gobernos). Nun contexto no que novas tecnoloxías como a robótica, a aprendizaxe automática ou o comercio dixital teñen modificado a concepción tradicional do traballo, a remuneración dos traballadores, e os beneficios que perciben empresas e investidores, Benzell falará sobre a natureza destas novas tecnoloxías, así como das actuais liñas de investigación sobre o novo rumbo que está a tomar a economía para analizar as súas posibles consecuencias e solucións.
Sobre Seth Benzell
Doutor en economía pola Universidade de Boston, Benzell estuda as relacións entre a automatización da economía, a dixitalización e as redes. Interésalle a política fiscal e a macroeconomía en xeral, e na actualidade investiga o xeito no que determinados avances tecnolóxicos (especialmente a Intelixencia Artificial), propáganse e dirixen a economía, ademais de predicir o seu impacto no mercado, os salarios e o benestar global.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.