Notas de prensa

A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo reúnese en Santiago de Compostela

A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) mantivo este martes na USC unha reunión da súa comisión executiva na que se avanzou cara á súa consolidación como asociación sen ánimo de lucro, previa á creación dunha agrupación europea de cooperación territorial.

Esta xuntanza rematou cunha sesión conxunta de traballo do grupo ‘Educación, Universidades e Investigación’ co comité de seguimento da Macrorrexión de Rexións do Suroeste Europeo (RESOE).

Trátase, como explicou o presidente da CRUSOE e reitor da Universidade do Minho, Rui Vieira de Castro, de que universidades con intereses e obxectivos comúns alcancen unha maior compenetración coas sociedades e rexións nas que se enmarcan. “De aí a importancia de traballar conxuntamente coas autoridades e entidades responsables de cada territorio”, dixo. A mesma idea resaltouna o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, para quen é “esencial” a colaboración entre institucións académicas que teñen moito en común “e que poden derivar en propostas e accións que sen dúbida” beneficiarán á comunidade educativa”.

A xuntanza conxunta posterior entre CRUSOE e RESOE presidiuna o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a ela asistiu tamén a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. Nela, entre outras cuestións, presentouse un borrador do RIS 3 macrorrexional que servirá como documento de taballo para que as universidades colaboren coas rexións e o seu desenvolvemento no logro de obxectivos estratéxicos.

Ademais de crear un grupo de traballo operativo entre a executiva da CRUSOE e representantes dos distintos Gobernos rexionais, na sesión acordouse ampliar o programa Iacobus de mobilidade a toda a macrorrexión.

Universidade de Santiago de Compostela, 2018-12-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES