Notas de prensa

Cineastas do futuro recollen en Ourense os premios da novena edición do OUFF Escola

Tivo lugar a gala de entrega de premios da novena edición do certame OUFF Escola, no que este ano participaron 102 traballos de toda Galicia. O OUFF Escola é un evento organizado polo Concello de Ourense, ao abeiro do Festival de Cine de Ourense, e ten como obxectivo impulsar o uso do galego, coñecer a visión da infancia e da xuventude sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acudiu esta mañá á gala de entrega de premios da novena edición do certame OUFF Escola, no que este ano participaron 102 traballos de toda Galicia (A Coruña, 36, Pontevedra, 37, Lugo, 11, e Ourense, 18). O OUFF Escola é un evento organizado polo Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, ao abeiro do Festival de Cine de Ourense, e ten como obxectivo impulsar o uso do galego, coñecer a visión da infancia e da xuventude sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo.

O Ouff escola “quere que dentro duns anos esteades aquí, nesta sala principal do Auditorio, presentando as vosas películas”, díxolle o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, ao alumnado presente na gala. “Ben como directoras, ben como iluminadoras, ben como axudantes de dirección ou como responsables de vestiario, ben como actores ou actrices... O Ouff escola quere ser a semente dos futuros cineastas”, aseguraba o rexedor.

Na gala, conducida pola actriz ourensá Uxía Morán, déronse a coñecer os premiados nas dúas categorías (Infantil e Primaria, e Demais niveis de ensino non universitario), coa proxección dos traballos gañadores.

Palmarés

Categoría Infantil ou primaria.
• 1º premio: Colexio Sagrado Corazón de Praceres, por Mareas Vivas.
• 2º premio: CEIP Nosa Señora das Dores, por O conto da muiñeira.
• Premio ao mellor guión: CEIP Tenorio, por Na Corredoira
• Mencións especiais: CEE Infanta Elena e CEIP OS Ponzos.

Demais niveis de Ensino non universitario
• 1º premio: IES Alfoz Valadouro, por O preguiceiro.
• 2º premio: IES As Barxas, por Chico ou cabalo.
• Premio ao mellor guión: IES Breamo, por Entre o río e o mar.
• Mencións especiais: IES As Barxas, por Todos ou ningún, IES Poeta Díaz Castro e o IES Xesús Taboada Chivite.

O xurado do OUFF escola estivo composto, este ano, por César Silva, director de programación do 23OUFF e presidente do xurado; Rubén Riós, actor e produtor de cine e de televisión; Simone Saibene, director e produtor; Manoli Maseda, coordinadora territorial dos equipos de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia en Ourense; e Gregorio Ferreiro Fente, asesor técnico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Dentro das actividades paralelas do OUFF Escola está a proxección da película A cambio de nada, de Daniel Guzmán, mañá martes, 4 de decembro no Teatro Principal ás 11:00 horas; unha actividade de 'Lipdub' a cargo dos profesionais de “Nenoos” de Ourense, tamén mañá día 4 no Centro Cultural Marcos Valcárcel; tres talleres de dobraxe para alumnos de Secundaria; e o obradoiro de creación de cine “Cineduca”.

Concello de Ourense, 2018-12-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES