
à inauguración asistiron Sonia RodrÃguez-Campos, directora da EGAP; Juan José MartÃn, director xeral de Xustiza; e José MarÃa Gómez y DÃaz-Castroverde, presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Durante o acto a directora da Escola lembrou a importancia desta lexislación, cuxo obxectivo principal é o de controlar a legalidade da actividade administrativa, garantindo os dereitos e intereses lexÃtimos da cidadanÃa fronte ás posibles extralimitacións da Administración pública.
Despois de vinte anos de vixencia, incidiu Sonia RodrÃguez-Campos, cómpre analizar se é necesario un novo texto legal ou se, pola contra, serÃa suficiente aplicar certas modificacións puntuais en cuestións coma a mediación, a posibilidade de volver sobre as custas procesuais para eliminar o vencemento obxectivo, a necesidade de xeneralizar un procedemento abreviado ou a necesidade implantar a dobre instancia no contencioso-administrativo e, deste xeito, dar o seu propio sentido ao recurso de casación.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.