
A funcionaria do concello de Guitiriz, Sandra Freire del Valle, por delegación do Secretario, dará lectura do acordo polo que o pleno municipal, por unanimidade, nomea Fillo adoptivo do Concello a Alfonso Blanco Torrado.
A alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, promotora da distinción, intervirá no nome do concello, entregando o título ao galardoado, que responderá a continuación. Seguidamente, 16 poetas galegos leerán os seus poemas -todos de 14 versos- na honra de Alfonso.
O acto rematará coa interpretación do Himno Galego, polo Coro Xermolos e a Banda de música de Guitiriz.
Poetas que leerán os seus traballos:
DARÍO XOHAN CABANA, LUZ CAMPELLO, MARICA CAMPO, LOIS DIEGUEZ, X.X. FERNANDEZ ABELLA, MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO, XOSÉ LOIS GARCÍA, CAMILO GÓMEZ TORRES, LUIS GONZÁLEZ TOSAR, MARÍA XOSÉ LAMAS, PACO MARTÍN, MERO, XOSÉ ANTÓN MIGUÉLEZ, XOÁN NEIRA , XOSÉ OTERO CANTO e XAVIER RODRÍGUEZ BARRIO
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.