
ADEGA quere contribuÃr, no espazo que dispón, a encher o insuficiente recoñecemento do labor, entrega e sacrificio das persoas que, desde o seu compromiso cristián, se situaron a carón do pobo para organizar a súa defensa e a defensa da Terra. Unha contribución que agarda sirva de xermolo para que o recoñecemento se estenda polo paÃs.
A idea de facer a homenaxe anual na Eira da Xoana xurdiu no ano 2012, e, daquela, fixemos un recoñecemento a toda a comunidade cristiá que honrou a Terra nai unindo cristianismo e galeguidade; nos seguintes anos, diferentes persoas, significativas desde esta perspectiva, recibiron o noso agradecemento polo seu destacado e desinteresado labor.
No 2013, Leopoldo López, que, ademais, espertou moitos compromisos inquebrantables co paÃs; Moncho Valcarce, no 2014, que participou directa e activamente coa xente do rural na defensa dos seus dereitos. Francisco Carballo, no 2015, que puxo a súa fe e os seus saberes ao servizo do pobo galego. Pepe Chao, no 2016, que “renaceu galego” e mantivo a súa militancia até o final. No 2017, as irmás Wirtz Molezún ( MarÃa, MarÃa Teresa e MarÃa Pilar), pola súa opción polo rural e polas persoas e colectivos deste que procuran un mundo máis xusto.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.