Notas de prensa

As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega

A xornada “As tecnoloxías da lingua”, promovida pola sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega e Política Lingüística, estudiou a situación dunhas ferramentas que facilitan que a comunicación entre persoas estea por riba das barreiras idiomáticas.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura da xornada, lembrando “que unha lingua de presente e de futuro coma o galego ten que participar dos avances que se producen no terreo das tecnoloxías da fala para que unhas ferramentas pensadas para facilitar a inclusión e a comunicación non se convertan en ferramentas de exclusión”. Neste sentido, o secretario xeral avogou “por traballarmos sen descanso desde a Administración, desde o ámbito da investigación, desde as empresas... para producir recursos e aplicacións que reduzan a nada a fenda dixital”. Acompañaron o secretario xeral na presentación desta xornada Rosario Álvarez, presidenta do CCG, e Carmen García Mateo, coordinadora do encontro.

Transcrición voz-texto e procesamento da linguaxe natural

Os obxectivos da xornada As tecnoloxías da lingua, unha oportunidade para a sociedade galega son mostrar o estado da cuestión en dous aspectos relevantes das tecnoloxías lingüísticas: o campo da transcrición automática de voz a texto, como elemento fundamental para mellorar a accesibilidade das persoas con discapacidade auditiva aos contidos audiovisuais, e o campo da tecnoloxía do procesamento de linguaxe natural como axente facilitador de medios en galego.

Os temas abordados foron “Accesibilidade” (coa intervención de Lourdes Lorenzo, do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, e de Francisco Armero Real, director da Área de Accesibilidade de TVE) e “Estado da tecnoloxía de subtitulado”, coas análises de Belén Ruiz Mezcúa, directora do Centro Español del Subtitulado y la Audiodescripción, Pablo Romero-Fresco, director do observatorio galego de accesibilidade aos medios GALMA, e Artantza del Pozo, directora do Departamento de Tecnologías del Habla y del Lenguaje Natural de Vicomtech. Na segunda parte da xornada, foi a quenda de José Ramón Pichel, de Imaxín Software, que falou de “As tecnoloxías da linguaxe como facilitadoras de medios en galego”; de Pedro J. Moreno, de Google Research, que se referirá ao “Desenvolvemento de sistemas de recoñecemento de fala multilingües”, explicando “por que Google desenvolve tecnoloxía en galego”; e de Carmen García Mateo, directora do Grupo de Tecnoloxías Multimedia da Universidade de Vigo, quen presentou unha “Panorámica de ferramentas e corpora de tecnoloxía de fala en galego” e fixo unha reflexión sobre futuras liñas a seguir.

Xunta de Galicia, 2018-10-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES