
O cadro de relatores/as inclúe destacados expertos/as nacionais e internacionais do ámbito académico, profesional e dos corpos de seguridade do Estado.
O programa do congreso desenvólvese como un foro de reflexión e diálogo, dirixido a estudantado da USC asà como a todas as persoas interesadas nos temas de seguridade. A inauguración deu paso á conferencia de Juan Francisco MartÃnez Núñez, de SEGENPOL, titulada ‘Os obxectivos da seguridade e defensa nacionalÂ’. Deseguido JoaquÃn Castellón Moreno, do Departamento de Seguridade Nacional, falou das ameazas e desafÃos para a seguridade nacional, mentres que o analista internacional Bartolomé Bauzá Abril referiuse aos espazos comúns globais.
Os promotores do congreso parten da idea de que a seguridade do século XXI está sometida a “ riscos e ameazas de diversa Ãndole que presionan a calidade das nosas democracias. Os poderes públicos vense obrigados a articular respostas que enfronten esta situación e a intenten superar”. Neste senso, opinan ademais que “España, como nación relevante na orde internacional e emprazada nun lugar estratéxico, debe afrontar tamén este desafÃo con rigor e seriedade, para o cal se teñen aprobado diversas estratexias” coas que facer fronte aos principais problemas que suscita a seguridade nacional.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.