Notas de prensa

Presentación dun libro de Ángel Fernández sobre os mosteiros de Paradela

Este mércores vaise celebrar en Paradela a presentación oficial do libro OS MOSTEIROS DE SANTA MARÍA DE CASTRO DE REI E SAN FACUNDO DE RIBAS DE MIÑO (PARADELA-LUGO), orixinal do profesor Ángel Fernández López. Ángel Fernández, natural de Paradela, concello do que é Fillo Predilecto, foi Inspector de Educación e Delegado Provincial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

É autor dos libros EL MONASTERIO CISTERCIENSE DE SANTA MARÍA DE CASTRO DE REY, PARADELA NO TEMPO E VINCULOS CON PORTOMARIN, e PORTOMARÍN, ANACOS DA SÚA HISTORIA.

O libro está patrocinado polo Concello de Paradela, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia. Na presentación do libro, que será efectuada polo xornalista Xulio Xiz, participarán os representantes das institucións copatrocinadoras: Sonsoles López Izquierdo, Deputada, pola Deputación Provincial de Lugo; Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, pola Xunta de Galicia, e José Manuel Mato Díaz, Alcalde, polo Concello de Paradela.

O acto terá lugar ás 20:30 horas, no Centro Socio-Cultural Manuel-Oreste Rodríguez López (Praza Fraga Iribarne, 5 - Paradela).

Concello de Paradela, 2018-10-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES