Notas de prensa

Galicia participará nas feiras internacionais do libro Líber (Barcelona) e Frankfurt

Galicia estará presente nas Feiras Internacionais do Libro Líber, en Barcelona, e na de Frankfurt. A Feira Líber celébrase desde o mércores día 3 ata o venres 5. Pola súa banda, a de Frankfurt terá lugar do 10 ao 14 de outubro. Estas dúas feiras teñen un carácter comercial, que aproveitan as editoriais galegas para establecer relacións que contribúan a nutrir o sistema cultural galego.

Galicia estará presente nas Feiras Internacionais do Libro Líber, en Barcelona, e na de Frankfurt. En concreto, a Feira Líber este ano celébrase en Barcelona desde este mércores día 3 ata o venres 5. Pola súa banda, a de Frankfurt terá lugar do 10 ao 14 de outubro.

Cómpre resaltar que estas feiras forman parte das actividades que realiza a Consellería relacionadas coa promoción da cultura galega, en xeral, e coa produción creadora e editorial en particular, fóra do territorio da comunidade. Estas accións buscan situar á produción galega nos mercados internacionais, e tamén incorporar á cultura galega o máis interesante da produción mundial, a través dos correspondentes intercambios intelectuais e comerciais.

Na primeira feira, a de Líber –que se celebra alternativamente entre Madrid e Barcelona–, a Xunta de Galicia conta con stand propio de 36 metros cadrados. Nel, ademais do espazo expositivo, poden desenvolver o seu labor as editoras galegas que acoden de maneira presencial á feira, que son Hércules de Ediciones, Alvarellos Editora, Kalandraka Editora, Arnoia Distribucións, Edicións Laiovento, Baía Edicións e Editorial Galaxia. No caso da feira de Frankfurt, o stand é menor, de 24 metros cadrados.

Estas dúas feiras teñen un carácter fundamentalmente comercial, que aproveitan as firmas editoriais galegas para establecer relacións que contribúan a nutrir o sistema cultural galego e darlle presenza no exterior.

Consellería de Cultura e Turismo, 2018-10-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES