Notas de prensa

A calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido protagoniza a Xornada que FEGADACE organiza en setembro

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela vai ser o escenario que acolla a segunda Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido, que FEGADACE organiza o sábado 29 de setembro desde as 9:30. O encontro está dedicado á reflexión, definición, estudo, avaliación e medición da calidade de vida do colectivo que representa a Federación Galega de Dano Cerebral.

Ademais, durante a mañá entregarase o 6º Premio FEGADACE – Miguel Blanco ao Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO), da Universidade de Salamanca, polo seu compromiso coa “mellora da calidade de vida e autodeterminación das persoas con dano cerebral adquirido ao longo de todo o seu ciclo vital”.

Conferencia de Miguel Ãngel Verdugo e entrega do Premio ao INICO

Trala apertura institucional, a conferencia inaugural da Xornada vai ser a do catedrático de Psicoloxía da Discapacidade e director do INICO, Miguel Ãngel Verdugo, que falará –desde as 10:00- sobre ‘Calidade de vida en dano cerebral: Un enfoque multidimensionalÂ’. Verdugo é un dos principais expertos do Estado en discapacidade e conta cunha ampla traxectoria investigadora no ámbito da definición e medición do concepto de calidade de vida.

Desde o INICO, Miguel Ãngel Verdugo liderou o proxecto de elaboración da Escala CAVIDACE, unha ferramenta para a avaliación da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido que a Universidade de Salamanca presentou en marzo deste ano.

A creación desta escala é un dos principais argumentos que sustentaron a decisión da Xunta Directiva da Federación de conceder o 6º Premio FEGADACE – Miguel Blanco ao INICO. O profesor Verdugo será o encargado de recollelo durante o breve acto de entrega que terá lugar durante a Xornada sobre o DCA, despois da súa conferencia, ás 11:20.

Dereitos e autodeterminación

Trala entrega do galardón a Xornada vai continuar abordando diferentes aspectos relacionados coa calidade de vida no DCA. Miguel Vieito Villar falará a partir das 12:00 de ‘Dereitos das persoas con Dano Cerebral Adquirido’. Membro da Asociación Europea de Dereito Sanitario, da Asociación Mundial de Dereito Médico e do Comité de Ética Asistencial do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Vieito realizará unha exposición sobre os dereitos das persoas con DCA desde os puntos de vista da xustiza e da ética.

A continuación –desde as 12:50- vai ter lugar a intervención de Miguel Anxo García Ãlvarez, especialista en Psicoloxía Clínica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, membro do Comité Técnico de FEDACE, e destinatario dun dos recoñecementos a persoas significadas para o asociacionismo do DCA que sentaron as bases do que hoxe é o Premio FEGADACE – Miguel Blanco. Cunha longa traxectoria que o vincula a FEGADACE e ás persoas con DCA, García é o mellor especialista para falar sobre ‘Calidade de vida, vida digna e autodeterminación persoalÂ’.

Espazo para a cultura e clausura

Antes do acto de clausura (fixado ás 14:00), no que está prevista a intervención do alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, a Xornada sobre o DCA abrirá un pequeno espazo á cultura, cuxo goce e expresión tamén forman parte do exercicio da calidade de vida. O escritor Francisco Castro realizará, pasadas as 13:30, unha breve intervención para presentar o proxecto literario no que está a traballar en colaboración con FEGADACE e Alento (a asociación de dano cerebral de Vigo), e do que se dará máis información en setembro.

Un galardón para lembrar ao neurólogo Miguel Blanco

O Premio FEGADACE - Miguel Blanco recoñece o traballo e a traxectoria dun axente social implicado na defensa do colectivo e na sensibilización sobre o dano cerebral adquirido. FEGADACE leva premiado ata hoxe ao programa Convivir en Igualdade (Radio Galega), a Miguel Blanco, á Fundación Barrié, á DGT e a María Escario.

En 2016 a Xunta Directiva da Federación aprobou o cambio de nome do galardón para lembrar ao neurólogo Miguel Blanco, falecido repentina e prematuramente en outubro de 2015. Blanco dirixía a Unidade de Ictus do CHUS e foi un estreito colaborador da Federación, que lle quixo render homenaxe incluíndo o seu nome no premio, que el mesmo recibiu no ano 2014.

Federación Galega de Dano Cerebral, 2018-08-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES